"Callaecia" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Unidade xeográfica definida dende o Alto Imperio Romano e integrada polos conventos xurídicos Astur e Bracarense. A orixe do termo está vinculada segundo algúns autores aos galaici, un pobo que habitaría ao N do Douro, e que, a partir das campañas de Décimo Xunio Bruto (137 a C), Craso (96 a C- 94 a C), Perpena (74 a C) e Xulio César (61 a C - 60 a C), se estendería e pasaría a designar a rexión que comprendía todo o NO da Península Ibérica, habitada por un conxunto de pobos dotados de trazos comúns. Ata as campañas de Augusto, no contexto das Guerras Cántabras (29 a C-19 a C), a conquista da Gallaecia non foi definitiva. O gran despregamento militar romano permite supoñer unha dura resistencia dos pobos indíxenas en conxunto, ou dalgúns dos populi en particular. Trala conquista emprendeuse a organización do territorio, que se articulou ao redor de tres novas cidades: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo). No s I produciuse a constitución...

    VER O DETALLE DO TERMO