"Calpurnia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Familia (gens) romana. Os seus membros desenvolveron importantes cargos políticos dende os ss II a C ao II d C. Unha rama desta familia adoptou o sobrenome de Pisón. Calpurnia, filla de Lucio Calpurnio Pisón, casou con Xulio César no 59 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada no 149 a C a proposta do tribuno L. Calpurnio Pisón. Instituía con carácter permanente un tribunal composto obrigatoriamente por senadores para xulgar casos de extorsión e malversación de fondos nas provincias. Foi a primeira dunha serie de leis que regulaban os procesos de consunción e que logo perderon o seu carácter de protección contra a deficiente administración, para converterse nunha plataforma de loita política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada baixo o mandato do cónsul L. Xulio César no ano 90 a C durante a Guerra dos Aliados. Formaba parte dun conxunto de normas máis amplo sobre o acceso á cidadanía dos aliados, que se aprobaron durante este enfrontamento. Buscaba a deserción dos individuos das comunidades itálicas e latinas en loita e a súa integración na cidadanía romana. Mediante a Lei Calpurnia, entre o ano 90 e o 89 a C creáronse dúas novas tribos.

    VER O DETALLE DO TERMO