"Cambados" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cambados baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés situado na provincia de Pontevedra situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vilanova de Arousa, ao L cos de Ribadumia e Meaño, ao S co de Meaño (todos eles da comarca do Salnés) e ao O coa ría de Arousa. Abrangue unha superficie de 23,4 km 2 cunha poboación de 13.591 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño. Acapital está na vila de Cambados, na parroquia de Cambados, a 42° 30’ 30’’ de latitude N e 8° 48’ 30’’ de lonxitude O. Dista 56 km de Santiago de Compostela e 26 km de Pontevedra. Cabeceira do seu partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio municipal de Cambados está dentro do dominio climático oceánico húmido con tendencia á aridez estival, debido fundamentalmente á súa localización na beira meridional da ría de Arousa. Esta mesma localización, a carón do litoral e protexido dos ventos... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cambados. Foi construída entre os últimos anos do s XV e os primeiros do s XVI por orde de López Sánchez de Ulloa sobre unha capela do s XII. De estilo oxival, consta dunha nave dividida por catro arcos transversais de medio punto sostidos por pilastras e dunha ábsida de planta rectangular con bóveda estrelada. O arco triunfal é apuntado e a bóveda é de crucería. A fachada principal tivo un rosetón, hoxe desaparecido. A mediados do s XIX foi pechada ao culto e en 1943 as súas ruínas foron declaradas Ben de Interese Cultural.
VER O DETALLE DO TERMO