"Campano" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na escola de Bellas Artes de Madrid e en 1976 trasladouse a París. A súa obra inicial encádrase nunha corrente de abstracción xeométrica, sen embargo, desde 1980 seguiu unha orientación máis figurativa na que predomina a expresión, manifestada en series como El diluvio (1981), Omphalos (1984) e La grappa (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontevedra. A igrexa primitiva era románica con planta de salón e ábsida rectangular. En 1720 o abade do mosteiro de Poio, ao que pertencía a parroquia, mandou construír a capela maior, que realizou o mestre de obra Bieito Gosende. De planta cadrada, está cuberta por unha bóveda rebaixada que se divide en casetóns. A torre barroca ten tres corpos, construídos os dous primeiros por Mateo López e o último por Melchor de la Torre en 1782. O primeiro é liso cun fornelo que acolle unha imaxe gótica do s XIV da Virxe do O, mentres que os outros dous están decorados. No interior sobresae o altar maior, obra de Benito Rey Rodríguez e Xosé de Malvárez, coa figura sedente de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que interpreta pezas musicais tocando campás ou vasos de cristal.

    2. Instrumento musical en forma de pirámide composto por unha roda provista de campás que soan ao xirar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte do campanólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as campás, como por exemplo A Berenguela, nome da campá da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO