"Cantacuceno" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Familia distinguida do imperio Bizantino, unida desde o s XII, a través de matrimonios, aos emperadores. De orixe grego, no s XI era unha das familias feudais máis poderosas de Tracia. Un dos seus principais membros, Xoán VI Cantacuceno, proclamouse emperador de Bizancio en 1347. A familia conservou o seu poder a pesar da caída de Constantinopla en poder dos turcos (1453). No s XVII pasou a Romanía onde tomou o nome de Cantacucinos, e no s XVIII a Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Déspota de Morea (1348-1380), fillo de Xoán VI Cantacuceno de Bizancio. Combateu contra a dinastía dos Paleólogos xunto ao emperador, que lle concedeu o despotado de Mistra. Converteu este territorio nun centro cultural de primeira orde para o mundo grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente, fillo de Xoán VI Cantacuceno. Foi asociado ao trono en 1353 e trala abdicación do seu pai (1355) mantívose no poder ata a loita cos serbios, na súa tentativa de apoderarse de Macedonia (1357). Foi feito prisioneiro e aceptou o despotado de Mistra, xunto co seu irmán Manuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1347-1355). Conselleiro íntimo de Adrónico III, ao converterse o fillo deste en emperador, Xoán V Paleólogo (1341), foi nomeado rexente. Foi destituído polas diferenzas con Ana de Savoia, titora de Xoán V. Proclamouse emperador e desencadeouse unha guerra civil. Reconciliado coa rexente (1347), esta recoñeceuno como o emperador principal por un período de dez anos. Fíxose impopular pola súa política fiscal opresiva e polos fracasos militares na loita contra os xenoveses. Favoreceu o hesicasmo. O golpe de estado de 1355 de Francisco Gattilusio, a favor de Xoán V, obrigouno a abdicar.

    VER O DETALLE DO TERMO