"Capua" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Caserta, na Campania, Italia, situada á beira do río Volturno, ao N de Nápoles, no golfo de Gaeta (17.696 h [1991]). Foi fundada no 856 sobre a antiga Casilinum, 4 km ao NO da antiga Capua (Santa Maria de Capua-Vetere).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Italia levantada sobre a antiga cidade etrusca fundada cara ao 600 a C. Quedou baixo o dominio samnita no 424 a C e foi protectorado romano no 340 a C. Devastada polos vándalos (456) e destruída polos árabes (840), os seus habitantes trasladáronse a Casilinum, que recibiu o nome de Capua. Foi reconstruída na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Narrador, crítico e dramaturgo. Profesor de literatura en Roma e en Catania, foi un destacado representante do teatro siciliano e, influído por Zola, un dos creadores do verismo. Amais foi crítico literario no Corriere della Sera e noutros xornais italianos. A súa narrativa presenta, cunha intención documental e científica, casos xeralmente patolóxicos dentro dun clima tráxico. Publicou Giacinta (1879), Il Profumo (O perfume, 1890), Il marchese di Roccaverdina (O marqués de Roccaverdina, 1901) e Teatro dialettale siciliano (Teatro dialectal siciliano, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO