"Caracas" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CAPITAIS
Capital do distrito federal de Caracas e do estado de Venezuela, situada no val de Caracas, na cordilleira da Costa (1.930 km2; 1.964.846 h [1992], 3.435.795 h na aglomeración urbana). O val orixinouse por un afundimento tectónico. Está drenada polo río Guaire. O seu clima é subtropical, cunha temperatura media anual de 20,3°C e 820 mm de precipitacións. A estación seca está claramente marcada entre decembro e abril. O crecemento máis importante da poboación alcanzouse sobre todo a partir de 1945, polo aumento da área metropolitana, que abrangue parte do distrito de Sucre. É o principal centro comercial do país, ademais de núcleo industrial e administrativo máis importante. Destacan as industrias de tecidos, cauchos, refrescos, pinturas e vernices. Pero o sector con maior auxe e importancia é o da construción. A cidade sérvese do porto de La Guaira, no Caribe. Posúe aeroporto internacional en Maiquetía. É centro de ensino superior, no que destaca pola súa antigüidade a Universidad...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista da colectividade galega editada en Caracas a partir de xullo de 1967. Dirixida por Celso Emilio Ferreiro, incluíu información sobre Santiago de Compostela e outras cidades galegas, o entroido, os bailes populares e os traxes rexionais de Galicia, referencias históricas aos fundadores da capital venezolana, datos sobre emigración e o desenvolvemento da industria en Galicia.