"Cardiff" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[galés: Caerdydd] Capital do condado de Mid Glamorgan e de Gales, á beira do esteiro do río Taff e do canal de Bristol (260.574 h [1991]). Posúe un gran número de parques e campos de deportes. Ten un importante centro de ensino superior, a University of Wales, fundada no ano 1893. Tamén hai unha antiga fortificación romana construída cara ao ano 75 d C na beira esquerda do río Taff. O castelo medieval de Cardiff, situado no medio da cidade, converteuse no centro do señorío normando de Glamorgan (s XII); ao seu redor constituíuse un núcleo de poboación que chegou a converterse nun importante centro de comercio, orixe da cidade actual. Moitos foron os que loitaron por Cardiff no transcurso da Guerra Civil, tanto realistas como parlamentarios, ata que finalmente foi ocupada por estes últimos en 1645. A mediados do s XIX empezou o desenvolvemento económico da cidade, grazas á explotación do carbón e do ferro. Trala decadencia nas industrias do carbón, do ferro e do aceiro na posguerra, a cidade...
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico inglés. Está considerado como un dos máis prestixiosos directores de fotografía, profesión na que comezou a súa actividade cinematográfica. Dirixiu a imaxe nos filmes Baixo o signo de Capricornio, de Hitchcock e A condesa descalza, de Mankiewicz. Como realizador sobresaíu coas producións Intent to Kill (Un intento para asasinar, 1958), The Lion (O león, 1962), Young Cassidy (O rebelde Cassidy, 1964) e The Mutations (As mutacións, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO