"Carlet" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
’ Municipio da provincia de València, á esquerda do Xúcar (10.511 h [1996]). Laranxeiras e horta. Gandería bovina e ovino. Industria de conxelados, maquinaria e mobles. Igrexa neoclásica de Santo Andrés. Despois da conquista de Xaime I repoboárona os cristiáns.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca da Ribera Alta, regado polo río Magro (14.366 h [1996]). A agricultura ten unha importante presenza con plantacións de hortalizas, árbores froiteiras, ervello de Ceratonia, viña e cereais. O sector industrial baséase nas empresas de transformación alimentaria. Antigo casarío islámico do termo de Alzira, foi poboado por moriscos e cristiáns. A igrexa parroquial de Santa María conserva un Descendemento, do s XVIII, pertencente á escola de Bergara. En 1870 viuse afectado por un tremor de terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista irlandés. Da súa produción destaca a narración breve Traits and Stories of the Irish Peasantry (Características e historias dos labregos irlandeses, 1830) e a novela Fardorougha the Miser (Fardorougha o avaro, 1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Fixo a primeira descrición da enfermidade que se denomina kuru, afección nerviosa dexenerativa que só afecta a certas tribos papúas de Nova Guinea. En 1976 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xuntamente con B. S. Blumberg, polos seus traballos sobre a orixe e a diseminación das enfermidades infecciosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor dramático e novelista. As súas primeiras novelas non tiveron moito éxito e, a partir de 1720, dedicouse á produción teatral, con comedias moralizadoras ou satíricas e comedias de análise. Das súas obras destacan L’Île des esclaves (1725), Le jeu de l’amour et du hasard (1730) e as novelas inacabadas La vie de Marianne (1731-1741) e Le paysan parvenu (1735-1736).
VER O DETALLE DO TERMO