"Carlos VI" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1711-1740), arquiduque de Austria (Carlos II, 1711-1740) e rei de Hungría (Carlos III, 1711-1740), rei de Aragón (Carlos III, 1705-1717), de Sicilia (Carlos IV, 1718-1734) e de Nápoles (Carlos VI, 1705-1713 e 1718-1735), pretendente á Coroa de Castela (1703-1725). Foi o segundo fillo do Emperador Leopoldo I e de Leonor de Neoburgo. Trala morte de Carlos II, disputou a Coroa de España na Guerra de Sucesión. Proclamado rei co nome de Carlos III en Viena o 12 de agosto de 1703, marchou a Lisboa para poñerse á cabeza dos exércitos peninsulares. Partiu cunha poderosa escuadra inglesa, e logrou a conquista de Barcelona o 9 de outubro, onde estableceu un goberno efectivo. Xurou as Constitucións de Catalunya e foi proclamado rei polas Cortes reunidas en Barcelona (1705-1706), e recoñecido por case toda València e Aragón. Os exércitos anglo-portugueses obrigaron a Filipe V a abandonar Madrid, onde entrou pouco despois o arquiduque, proclamado rei de Castela o 2 de xullo;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1380-1422), fillo e sucesor de Carlos V. Durante a súa minoría de idade o goberno foi dominado polos seus tíos, os duques Luís I de Anjou, Filipe I o Atrevido de Borgoña, Xoán de Berry e Luís II de Borbón. En 1388 asumiu persoalmente o goberno, pero en 1392 os seus tíos, entre os que se impuxo Filipe I, apartárono do poder debido aos trastornos psíquicos que padecía. Os choques entre os intereses contrapostos de Luís de Orleans, irmán de Carlos VI, e os duques de Borgoña, orixinaron os bandos inimigos dos armañacs e dos borgoñóns, que provocaron a guerra civil e o paso dos borgoñóns ao bando inglés. Despois de que Enrique V de Inglaterra gañase en Azincourt (1415) e ocupase Normandía (1417), Filipe o Bo, duque de Borgoña, obrigou a Carlos VI a asinar o Tratado de Troyes (1420), que recoñecía a Enrique V como herdeiro ao trono de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1742-1745), fillo do elector Maximiliano Manuel de Baviera. Casou con María Amelia, filla de Xosé I de Austria e sucedeu o seu pai en 1726. A pesar de ter xurado a Pragmática Sanción de 1713, á morte de Carlos VI (1740) fixo valer os seus dereitos na sucesión austríaca contra María Tareixa. Mentres o seu aliado, Federico de Prusia, tomaba Silesia, Carlos VII invadiu a Alta Austria e Bohemia e proclamouse arquiduque de Austria e emperador de Alemaña en 1742. María Tareixa, axudada polos húngaros, recuperou a Alta Austria e Bohemia, e invadiu Múnic dúas veces. Carlos VII recuperou o poder en 1744, pero morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1422-1461), fillo e sucesor de Carlos VI. Nomeado delfín en 1417, estivo do lado dos armañacs, que o recoñeceron rei á morte do seu pai (1422), malia as estipulacións do Tratado de Troyes. Entrementres, o duque de Bedford intitulouse rexente de Francia en nome de Enrique VI de Inglaterra. As vitorias inglesas motivaron unha profunda penetración no territorio francés, pero a crítica situación de Carlos VII foi salvada por Xoana de Arco, que conseguiu levantar o sitio de Orleans en 1428 e o fixo coroar en Reims en 1429. En 1436, as forzas de Carlos VII entraron en París; posteriormente asinou unha serie de treguas cos ingleses ata 1449. Ata entón Carlos VII dominou diversas revoltas feudais, como a de Praguerie de 1440 e reorganizou o exército e as finanzas. Retomada a guerra contra os ingleses, reconquistou Normandía (1449-1451) e Guiena (1451-1453), co que o dominio inglés en Francia quedou reducido a Calais. En 1438, pola Pragmática Sanción de Bourges, aprobáronse as decisións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1483-1498), fillo e sucesor de Luís XI. Entre 1483 e 1491 foi rexente a súa irmá Ana de Francia, que ultimou o casamento do rei con Ana I de Bretaña en 1491. Carlos intentou reivindicar os dereitos franceses, herdados dos Anjou, en Nápoles, polo que estableceu unha serie de tratados coas potencias europeas buscando a súa neutralidade: con Inglaterra polo Tratado de Étaples (1492), con Aragón e Castela polo Tratado de Barcelona (1493), e con Austria polo Tratado de Senlis (1493). Os seus rápidos éxitos no avance por Italia e a entrada en Nápoles (1495) favoreceron a formación da liga antifrancesa de Venecia que o derrotou en Fornovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1448-1457; 1464-1465 e 1467-1470) e de Noruega (1449-1450), fillo do nobre Knut Thordsson. Participou no levantamento sueco contra a unión escandinava (1434). Rexente de Suecia, aceptou a elección de Cristovo de Baviera, e á súa morte foi elixido rei de Suecia (1448). Unha expedición militar permitiulle coroarse rei de Noruega, pero contra el prevaleceu Cristián de Odenburgo. As súas medidas contra a nobreza e o clero obrigárono a expatriarse dúas veces. Recobrou definitivamente o trono en 1467.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Doutora en Filoloxía Clásica e docente na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en revistas como Dorna, Ólisbos ou Festa da palabra silenciada. Publicou o volume Alta casa (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO