"Carlos VII" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1742-1745), fillo do elector Maximiliano Manuel de Baviera. Casou con María Amelia, filla de Xosé I de Austria e sucedeu o seu pai en 1726. A pesar de ter xurado a Pragmática Sanción de 1713, á morte de Carlos VI (1740) fixo valer os seus dereitos na sucesión austríaca contra María Tareixa. Mentres o seu aliado, Federico de Prusia, tomaba Silesia, Carlos VII invadiu a Alta Austria e Bohemia e proclamouse arquiduque de Austria e emperador de Alemaña en 1742. María Tareixa, axudada polos húngaros, recuperou a Alta Austria e Bohemia, e invadiu Múnic dúas veces. Carlos VII recuperou o poder en 1744, pero morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1422-1461), fillo e sucesor de Carlos VI. Nomeado delfín en 1417, estivo do lado dos armañacs, que o recoñeceron rei á morte do seu pai (1422), malia as estipulacións do Tratado de Troyes. Entrementres, o duque de Bedford intitulouse rexente de Francia en nome de Enrique VI de Inglaterra. As vitorias inglesas motivaron unha profunda penetración no territorio francés, pero a crítica situación de Carlos VII foi salvada por Xoana de Arco, que conseguiu levantar o sitio de Orleans en 1428 e o fixo coroar en Reims en 1429. En 1436, as forzas de Carlos VII entraron en París; posteriormente asinou unha serie de treguas cos ingleses ata 1449. Ata entón Carlos VII dominou diversas revoltas feudais, como a de Praguerie de 1440 e reorganizou o exército e as finanzas. Retomada a guerra contra os ingleses, reconquistou Normandía (1449-1451) e Guiena (1451-1453), co que o dominio inglés en Francia quedou reducido a Calais. En 1438, pola Pragmática Sanción de Bourges, aprobáronse as decisións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1483-1498), fillo e sucesor de Luís XI. Entre 1483 e 1491 foi rexente a súa irmá Ana de Francia, que ultimou o casamento do rei con Ana I de Bretaña en 1491. Carlos intentou reivindicar os dereitos franceses, herdados dos Anjou, en Nápoles, polo que estableceu unha serie de tratados coas potencias europeas buscando a súa neutralidade: con Inglaterra polo Tratado de Étaples (1492), con Aragón e Castela polo Tratado de Barcelona (1493), e con Austria polo Tratado de Senlis (1493). Os seus rápidos éxitos no avance por Italia e a entrada en Nápoles (1495) favoreceron a formación da liga antifrancesa de Venecia que o derrotou en Fornovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Suecia (1448-1457; 1464-1465 e 1467-1470) e de Noruega (1449-1450), fillo do nobre Knut Thordsson. Participou no levantamento sueco contra a unión escandinava (1434). Rexente de Suecia, aceptou a elección de Cristovo de Baviera, e á súa morte foi elixido rei de Suecia (1448). Unha expedición militar permitiulle coroarse rei de Noruega, pero contra el prevaleceu Cristián de Odenburgo. As súas medidas contra a nobreza e o clero obrigárono a expatriarse dúas veces. Recobrou definitivamente o trono en 1467.

    VER O DETALLE DO TERMO