"Cassini" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
FAMILIAS
Familia de astrónomos franceses de orixe italiana. Destacou inicialmente Giovanni Domenico Cassini , ao que sucedeu no observatorio de París o seu fillo Jacques Cassini (París 1677-Thury, Clarmont 1756), o primeiro que mediu o arco do meridiano dende Dunkerque ata Perpignan (1713). O fillo deste, César François Cassini de Thury (París 1714-Thury 1784) herdou a dirección do observatorio e iniciou os traballos de levantamento do mapa topográfico de Francia, labor que acabou o seu fillo e sucesor no observatorio, Jacques Dominique Cassini (París 1748-Thury 1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Profesor de astronomía na Universidade de Boloña, en 1667 chamouno Colbert para ser director do observatorio de París. Entre 1671 e 1684 descubriu catro satélites de Saturno e a división do anel deste planeta que leva o seu nome (división de Cassini). Mediu os períodos de rotación de Marte e Xúpiter. Estudiou, tamén, o movemento dos satélites de Xúpiter e publicou unhas táboas aplicables á navegación. Determinou a paralaxe solar e foi o primeiro en considerar cientificamente o fenómeno da luz zodiacal. Publicou Opera astronomica (Obra astronómica, 1666).
VER O DETALLE DO TERMO