"Castelao" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de filósofos e profesores relacionados co mundo da Filosofía creada no ano 1981 en Pontevedra. Os seus obxectivos son a anovación temática e metodolóxica no campo da Filosofía e a normalización da lingua galega, sobre todo no mundo do ensino. Organizáronse numerosos encontros, congresos, xornadas pedagóxicas e conferencias nas que analizaron as obras de Marx, Castelao, Engels, etc. Os seus colaboradores publicaron en revistas, xornais e libros de ensaio numerosos artigos e investigacións sobre autores galegos e estranxeiros como Celso Emilio Ferreiro, Fermín Bouza Brey, Xoán V. Viqueira, Amor Ruibal, Indalecio Armesto, Ricardo Mella, Sartre, Fromm, Garaudy, etc. A propia asociación editou Antón Losada. Teoría e Praxe (1984), Postmodernidade e poder (1989), O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (1992), América Latina. Entre a realidade e a utopía (1992), Filosofía e Xénero (1996) e Filosofía e Lingua (1997)....
-
PUBLICACIÓNS
Publicación monográfica editada pola Fundación Castelao en Santiago de Compostela en 1994. Coordinadas por Henrique Monteagudo, actuou como secretaria da publicación Carme Varela. Entre os seus colaboradores figuraron Xosé Filgueira Valverde, Claudio Rodríguez Fer, Marcos Valcárcel, Xosé M. Núñez Seixas e Clodio González Pérez, entre outros. A súa temática xira ao redor da vida e obras de Castelao, e inclúense nos diferentes monográficos textos, relatorios e artigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido Castelán. Documéntase no s XV: “Alvaro Castelaao” (doc ano 1454 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 62).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de carácter privado fundada no ano 1984 co fin de honrar e divulgar a memoria de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Ao mesmo tempo procura favorecer a cultura galega, especialmente as artes plásticas, a etnografía, a socioloxía, a economía, a política, a narrativa e o teatro, áreas nas que tamén se distinguiu o seu inspirador. Entre as publicacións desta Fundación cómpre salientar diversas edicións das obras de Castelao a cargo de Henrique Monteagudo De viva voz. Castelao: Conferencias e discursos (1996), de X. Amancio Liñares Giraut, O centenario de Castelao na lembranza 1986 (1997) e o Catálogo da Exposición 50 aniversario de Castelao (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame de textos teatrais que durou tres anos (1964-1966), convocado pola asociación cultural compostelá O Galo. En 1964 recibiu este galardón a obra de Ángel de la Peña Cando morren os faroles; A revolta, de Jenaro Marinhas del Valle, e Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres foron os seguintes premiados. Para este concurso púxose en marcha a chamada “Campaña do peso”, coa que se recolleron os fondos para o premio económico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medalla creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Castelao, o 28 de xuño do mesmo ano. Con este galardón, o executivo autonómico distingue aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo, no ámbito artístico, literario, doutrinal ou en calquera faceta da actividade humana. Segundo se recolle no seu decreto de creación, a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das devanditas obras é o froito da entrega dunha vida e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con fe na cultura, na historia e mais no ser dun pobo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo virtual creado en 2000 e dedicado á figura de Afonso Rodríguez Castelao. Os seus fundadores foron o Consello da Cultura Galega, a Fundación Castelao e Vieiros. A súa intención foi a de constituír un espazo de convivencia virtual, aberto a todos os interesados en profundizar no coñecemento da vida e obra deste autor. Entre outros apartados conta cunha mediateca, que recolle documentos sonoros, imaxes e pezas musicais con letra de Castelao ou dedicadas a el.
-
PERSOEIRO
Historiadora. Doutora en Xeografía e Historia e catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela, foi correspondente en España da Commission Internationale de Démographie Historique e dirixiu a revista Obradoiro de Historia Moderna. Colaborou en distintas publicacións e das súas obras destacan, entre outras, Aproximación a la historia rural de la comarca de la Ulla (1981), La Crisis de las rentas eclesiásticas en España: el ejemplo del Voto de Santiago (1986), Poder y privilegios en la Europa del siglo XVIII (1992), A Galicia clásica e barroca (1998), Libros y lectura en Galicia: siglos XVI-XIX (2003) e Cuatro textos, cuatro contextos: ensayos de historia cultural de Galicia (2004), que coordinou.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...
VER O DETALLE DO TERMO