"Castilla" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, un castelo de sable, coas súas torres de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. En 1824 participou na Batalla de Ayacucho, e entre 1831 e 1841, nos intentos de invasión de Bolivia. En 1844, logo de enfrontarse cos xefes militares, derrocou o ditador Vivanco. Ocupou a presidencia da República entre 1845 e 1851 e entre 1854 e 1862. Deulle estabilidade política e económica ao país, creou un monopolio sobre a explotación dos depósitos de guano, e aboliu a escravitude dos negros e o tributo persoal dos indios. Promulgou a Constitución de 1860 que introduciu o sufraxio universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor coruñés que impartiu clases na Escola Normal de Lugo e da Coruña. No 1882 acudiu ao primeiro Congreso Pedagógico Español (1882), organizado pola ILE. Publicou Congreso Nacional Pedagógico. Memoria acerca de las discusiones y trabajos verificados por dicha Asamblea (1883) e, dentro da literatura, Fábulas y poesías morales y religiosas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade da provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. É a última localidade do Camiño da provincia de León, antes de entrar na provincia de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Funcionario colonial, I marqués de Salinas del Río Pisuerga (1609) e cabaleiro de Santiago. Vicerrei de Nueva España (1590-1595 e 1607-1611) e de Perú (1596-1604), combateu a pirataría e os araucanos de Chile. En 1611 foi nomeado presidente do Consello de Indias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado ao N da capital provincial, ao pé da cordilleira Cantábrica e regado polo río Nela (3.777 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi educado polo seu avó materno, Enrique II de Castela. Enrique III fíxoo mestre da orde de Calatrava (1404) e intitulouse marqués de Villena, título do que foi desposuído (1414), polo que se retirou a Iniesta. Home de gran cultura, tivo fama de bruxo polos seus estudos de alquimia e astroloxía, e mesmo escribiu un Tractado de aojamiento o fascinología. Á súa morte, Xoán II de Castela mandou queimar a súa biblioteca. Escribiu Arte de trovar (1433), Arte cisoria (1423?) e diversas traducións que o converten nun precursor do humanismo en España.

    VER O DETALLE DO TERMO