"Cb" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Barco de vela de tres ou máis paos, amais do bauprés, de tres pezas, cruzados e con gabias, que aparellan velas redondas, levando o pau de mediana, que é de dúas pezas, sen cruzar e sen gabias, pero cunha botavara e un pico para izar a áurica e a escandalosa. Tamén recibe o nome de bergantín-corveta, corveta e barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo en desuso do niobio, antigamente coñecido como columbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • banda cidadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Central Business Distrit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das quenopodiáceas, ao que pertence o cogombro do demo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade poboada dende o II milenio a C e situada en Irán, denominada actualmente Hamadān. Foi capital do imperio dos medos e dos persas aqueménidas dende o reinado de Ciro II o Grande (550 a C). Alexandre o Grande conquistouna no 330 a C e, trala conquista árabe (664), perdeu a súa importancia. Conserva, entre outros monumentos, os mausoleos de Esther e Mardoqueo e o de Avicena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico e compositor belga. É o autor dun dos primeiros tratados da música occidental (De harmonica institutione, 880?), de propósitos pedagóxicos, no que a teoría é a consecuencia da racionalización das características musicais. Compuxo música litúrxica (antífonas, salmos, tropos, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do inglés Macbeth, forma anglicanizada do antigo nome persoal escocés Mac (prefixo patronímico gaélico) e Bheatha (nome persoal derivado do gaélico beatha ‘vida’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1040-1054) e conde de Moray. Cabeza do Partido Céltico, opúxose ao Rei Duncan I, e despois de matalo, gobernou o reino. Cando Siward de Northumbria invadiu o país, foi derrotado e perdeu Escocia meridional. Continuou a loita ao N, pero foi asasinado por Malcolm, fillo do Rei Duncan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traxedia escrita, cara a 1605, por William Shakespeare, en 5 actos, inspirada na figura do Rei Macbeth de Escocia. O autor, para a obra, baseouse na crónica que realizara sobre este rei Holinshed. En medio dunha atmosfera de dúbida e terror, os personaxes agrúpanse ao redor do rexicidio e a ambición de Macbeth e lady Macbeth, arquetipos que avanzarán cara á fatalidade do seu destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo irlandés. Foi un dos primeiros expoñentes das teorías revolucionarias do neolamarckismo. Fixo importantes traballos sobre embrioloxía, especialmente dos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo inglés. Comezou retratando as paisaxes e a arquitectura natal para logo centrarse na fotografía teatral con Hugh Cecil. Anos despois, fotografou os actores de moda (Vivien Leigh, Laurence Olivier ou Peggy Ashcroft) cunha perspectiva orixinal de luces e sombras. Foi o fotógrafo oficial de The Royal Opera House e traballou ao servizo de espectáculos de teatro, música e danza en Hollywood durante as décadas de 1960 e 1970. Foi elixido para facer a portada do LP Please Please Me de The Beatles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de República do Congo na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO