"Cebral" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
-
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo de carácter abundancial que podería remitir á presenza no lugar de cebros ‘asnos salvaxes xa extinguidos na Península’ ou de acevros, con aférese da sílaba inicial. No primeiro dos casos, o étimo que o explica componse do latín vulgar *ecĭfĕru e mais o sufixo -ale; e no segundo, do latín vulgar *acifolu e mais o sufixo -ale, derivado de aquifoliu. A confluencia entre os resultados dun e doutro étimo puido producirse facilmente, sobre todo se se ten en conta que o hábitat da especie equina viña a coincidir co da especie vexetal.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro; en punta, ondas de azul e prata.
-
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Participou no I Curso Nacional de Artes Plásticas celebrado en Madrid en 1957. Foi un dos fundadores dos grupos pitóricos ferroláns Dos Sete, Salón de Maio e O Grilón. A súa obra é unha interpretación próxima á nova figuración, dotada dunha visión onírica ou simbólica na que se mesturan diferentes estilos. Participou nos principais certames pitóricos galegos, como a Bienal de Pontevedra de 1974 ou a X Exposición Siglo XX, Plástica Gallega, organizada pola Caja de Ahorros de Vigo en 1981. Entre os galardóns que recibiu destacan o segundo premio do I Certame de Pintores Noveis (1959) e a medalla e segundo premio do Certame Nacional El Mar (1961).
VER O DETALLE DO TERMO