"Celtis" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Xénero de árbores da familia das ulmáceas á que pertence o lodeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Konrad Pickel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecemento e estudo da lingua, da literatura e da cultura celta.

    2. Teoría lingüística que afirma que moitas das linguas modernas proveñen de linguas célticas.

    3. Palabra ou xiro propios das linguas célticas que pasou a outras linguas veciñas ou que estaban en contacto. Os antigos celtismos que se poden detectar nas linguas posteriores correspóndense co fenómeno lingüístico do substrato.

    4. Movemento político, social e cultural que presume a pervivencia dunha cultura ou “espírito” celta en diferentes comunidades etnonacionais e/ou relixiosas do mundo. Doutrinalmente, o celtismo nega a desaparición do mundo celta como realidade histórica e afirma a súa continuidade no presente por medio do recurso ideolóxico do Volksgeist (‘espírito do pobo’). O celtismo susténtase non tanto na arqueoloxía ou rexistro de datos históricos vinculados ás manifestacións que se puideran asociar á cultura celta (Hallstatt, La Tène, arte irlandesa do I milenio, etc), senón na súa condición de constructo ideolóxico ao servizo duns intereses específicos no mundo contemporáneo. Na medida en que o celta representa unha opción diferenciada respecto a outras expresións, como a latina ou a semita, resulta esencial na configuración de identidades que procuran a súa definición no exercicio excluínte da alteridade.
      As orixes do celtismo
      O celtismo remóntanse ao Renacemento, pero non será ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dos seguidores e simpatizantes do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo da lingua, literatura e cultura celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Real Club Celta de Vigo.

    2. Membro, afeccionado ou simpatizante do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO