"Centolo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, de cuncha de cor vermella, rosa ou branca, moitas veces con incrustacións de algas, tubos de poliquetos e esponxas. É groso e espiñento, de ata 18 cm de longo e 20 cm de ancho, con dúas longas espiñas entre os ollos que aparecen sobre pedúnculos longos e arqueados. Presenta un abdome moi reducido, pregado baixo o cefalotórax; nos machos é pequeno e estreito e nas femias delgado e ovado. As patas son moi peludas e robustas, co primeiro par de menor lonxitude pero con pinzas estreitas. Vive sobre a area e entre rochas, dende o infralitoral ata os 50 m de profundidade. Ten movementos lentos e leva unha vida sedentaria; aliméntase, principalmente, de briozoos e hidrarios. Capturado con nasas e arrastre, a súa carne, branca e de delicado sabor e aroma, é singularmente apreciada. O seu mellor momento de consumo é o inverno, e adoita cocerse en auga con sal e loureiro. Os machos tamén reciben o nome de cáncaros ou cáncamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que constitúe o extremo máis setentrional da illa de Ons, no O da ría de Pontevedra e no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do extremo occidental da ría de Pontevedra, situado ao N da illa de Ons, fronte á punta Centolo, no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO