"Cerceda" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Cerceda por ser onde está a capital municipal, o lugar do Campo da Feira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
GALICIA
Concello da comarca de Ordes, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Laracha (comarca de Bergantiños) e Culleredo (A Coruña); ao S cos de Tordoia e Ordes (Ordes); ao L cos de Carral (A Coruña) e Ordes; e ao O cos de Carballo e Laracha (ambos os dous en Bergantiños). Abrangue unha superficie de 110,9 km 2 cunha poboación de 5.587 h (2007), distribuídos en nas parroquias de Cerceda, As Encrobas, Meirama, Queixas, Rodís e Xesteda. A capital municipal, a aldea do Campo da Feira, na parroquia de San Martiño de Cerceda, está a 43° 11’ 20’’ latitude N e 8° 28’ de lonxitude O, 30 km ao S da Coruña e 47 km ao N de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Cerceda está baixo o dominio climático oceánico húmido; dentro dos subtipos galegos pertence ao das plataformas occidentais, caracterizado por abundantes precipitacións... -
-
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín *cereceta, derivado de cerasu ‘cerdeira’ e mais o sufixo abundancial -eta ‘abundancia de cerdeiras’. A mesma orixe, pero co sufixo abundancial -etu, presentan os apelidos Cercedo, Cercido e Cerdido. Documéntanse desde o s XIII: “Fernan Peres de Cerzido” (doc ano 1284 en Enrique Cal Pardo, El monasterio de san Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos, 1984, p 247), “Juan Fernandes de Cercedo” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977).
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, cinco torres de azul, postas en aspa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo con torre defensiva situado na parroquia de San Pedro de Cerceda, concello do Corgo. Foi mandado edificar, no ano 1587, polo cóengo Rodrigo de Páramo, da familia Páramo, señores da Torre de San Salvador de Piñeiro. Á súa morte foi soterrado na igrexa de San Pedro de Cerceda, propiedade da casa que herdou a súa sobriña Catarina Armesto e Páramo. A última herdeira descendente da familia Páramo, María Quiroga Pardo, deixoulle a casa á súa afillada Carmen Gómez Aller. Está dedicada á labranza e só se conserva a parte central do pazo, sen torre nin ameado, xunto ás dependencias anexas.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO