"Ceres" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
-
Paos que van dando forma curva á cheda do carro, cando este se está a construír.
-
Ocos que teñen as cangallas do xugo do carro, onde van suxeitas as correas de coiro que pasan por debaixo do colo da vaca ou boi.
-
Fendas de pequeno tamaño que ten a pedra do muíño.
-
-
CIDADES
Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidad Autónoma de Extremadura (77.768 h [1996]). Rodeada por dúas aliñacións montañosas da época precámbrica, está situada nunha chaira (meseta Trujillo-Cacereña), na que sobresaen algúns outeiros de natureza calcaria, como Alberca (530 m) e Cabezarrubia (510 m). Nestas aliñacións montañosas aparecen numerososo vales, entre os que destaca, polo seu valor paisaxístico, o val de Valdeflores. O clima é mediterráneo, con veráns secos e calorosos. A economía baséase esencialmente no sector terciario, derivada sobre todo das súas funcións político-administrativas e sanitarias. As industrias máis importantes son a azucreira e a química. Nos últimos anos aumentou considerablemente o turismo, atraído principalmente polo seu conxunto monumental, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1986. Fundada polos romanos (74 a C), foi tomada polos árabes en 1142. Durante os ss XII-XIII tivo lugar o proceso de reconquista que rematou coa toma da praza...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidad Autónoma de Extremadura (19.945 km2; 413.396 h [1996]). A capital é Cáceres. Está constituída por 119 concellos, entre os que destacan pola súa poboación, Plasencia (37.299 h), Navalmoral de la Mata (15.819 h) e Mijadas (9.907 h). A provincia formouse en 1833 trala división das terras extremeñas en dous, agrupando dentro dos seus límites a Alta Extremadura e algunhas vilas das antigas provincias de Ávila e Salamanca. A capitalidade disputábana Cáceres e Plasencia, aínda que finalmente recaeu sobre a primeira, polo seu maior peso como sé episcopal. O seu relevo está condicionado polos Montes de Toledo ao S, e polo Sistema Central ao N. O val do río Júcar e os seus afluentes atravesan a provincia. O tipo de gandería, a escaseza de auga e a agricultura de tipo extensivo, deron orixe a un poboamento de carácter concentrado. A súa economía baséase na agricultura (trigo, cebada, centeo, avea e millo) e na gandería (ovina, vacúa, porcina e cabrúa). As industrias...
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. Entre 1857 e 1860 foi agregado militar da legación peruana en París. Participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883) onde liderou a resistencia peruana contra os chilenos. No ano 1886, foi elixido presidente ata 1890 cando foi derrocado por Morales Bermúdez. Nos anos seguintes foi destinado a Inglaterra e Francia como ministro plenipotenciario. A súa volta a Perú produciuse no ano 1894 cando ocupou o poder pola forza. A súa ditadura durou un ano, ata 1895, cando un novo golpe de estado o obrigou a exiliarse. Durante os seus mandatos presidenciais puxo en práctica unha política económica destinada a diminuír a débeda externa do seu país polo que cedeu a explotación do ferrocarril durante sesenta anos e parte da explotación de guano a Gran Bretaña. Entre 1905 e 1911 foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi membro do Consello de Lexislación (1793) e ministro de Xustiza (1799) do Directorio tralo golpe de estado de Sieyès. Napoleón Bonaparte nomeouno segundo cónsul (1799), arquichanceler do Imperio (1804) e duque de Parma. Presidiu o Senado e o Consello de Estado en ausencia de Napoleón. Foi un dos redactores do Código Civil francés (1801-1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (4.753 h [1996]), situado ao N da cidade de Cáceres, na conca do río Almonte. A súa economía baséase principalmente na agricultura, na gandería e nunha certa actividade industrial que abrangue construcións metálicas, madeira e industrias alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa da agricultura venerada en gran parte da antiga Italia. Asimilada á divindade grega Deméter, o seu culto introduciuse en Roma no 496 a C. Dedicóuselle un templo no Aventino que se converteu nun dos centros políticos e relixiosos dos plebeos. As Cerealia, festas agrarias con xogos, procesións e sacrificios, celebrábanse no seu honor do 12 ao 19 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asteroide máis voluminoso do Sistema Solar, que ten un diámetro de 1.003 km, un semieixe maior da órbita de 2,77 UA e un período de revolución de 1.681 días. Piazzi descubriuno en 1801, feito que o converteu no primeiro asteroide coñecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de hidrocarburos de composición complexa, moi resistente á oxidación, que se emprega como substituto das ceras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos notosáuridos. Propios do Triásico, acada os 4 m de lonxitude e ten as patas transformadas en aletas. Os xacementos máis importantes están en Europa.
-
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Conspirou co xeneral Caballero para depoñer o presidente Rivarola (1871) e dirixiu un movemento contra o presidente Jovellanos (1874). Foi presidente da República entre 1886 e 1890, e destacou no eido educativo coa promulgación da lei de ensino obrigatorio (1887) e a creación da Universidad Nacional (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militante anarcosindicalista. Ao comezo da Guerra Civil estaba en Melilla, e foi condenado á pena de morte. Conmutada a pena, trasladouse a Vigo, onde traballou como contable na empresa Vulcano dende 1949 e liderou o proceso de reconstrución da Confederación Regional Galaica (CRG) da CNT. En 1957 apoiou a Jaime Garrido Vila na creación do Frente Juvenil Democrático. Trala folga organizada na primavera de 1962, en solidariedade cos mineiros asturianos, foi detido e condenado a once anos de cadea. Liberado en 1966, e despois dun breve período de residencia en Vigo, marchou a Francia. Retornou a Vigo en 1976, para participar na reorganización da CNT, pero morreu ao pouco tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao SO da capital provincial (4.324 h [2001]). A súa actividade económica baséase no cultivo de cereais, viña e oliveiras, na gandería bovina e na industria relacionada co sector téxtil e de materiais de construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ría de Pontevedra situada na parroquia de Lourizán (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ría de Pontevedra situada na parroquia de Lourizán (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO