"Charente" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
RIOS
Río da rexión de Poitou-Charentes, Francia, que deu nome aos departamentos que atravesa, Charente e Charente-Maritime. Desemboca no Océano Atlántico, no golfo de Bizkaia, diante da illa de Oloron, logo de 360 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión de Poitou-Charentes, Francia (5.956 km2; 341.200 h [estim 1995]). A capital é Angulema. A súa economía baséase na gandería vacúa e na agricultura, principalmente a viña. Distínguense dúas rexións agrícolas importantes: a Grande Champagne (na marxe dereita do río Charente) e a Petite Champagne (na marxe esquerda do mesmo río). Neste departamento está a rexión viñateira de Cognac.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión de Poitou-Charentes, Francia (6.864 km2; 540.700 h [estim 1995]). A agricultura perdeu importancia en favor da gandería, especialmente a vacúa. A súa capital, La Rochelle, é o principal porto pesqueiro e centro industrial, sobre todo químico e mecánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia (25.810 km2; 1.640.068 h [1999]). Abrangue os departamentos de Charente, Charente-Maritime, Deux-Sè-vres e Vienne. A súa capital é Poitiers.
VER O DETALLE DO TERMO