"Chari" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Médico e botánico sueco. Discípulo de Linneo, foi un dos iniciadores do estudo científico dos liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede empregada para a pesca da zamborca e que se recolle dende a beira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do N de África. A maior parte do seu curso percorre o Chad. Nace da unión dos ríos Bamingui e Gribingui, na fronteira da República Centroafricana. Desemboca na beira meridional do lago Chad, logo de 1.200 km de percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura do Chad (82.910 km2; 1.251.906 h [estim 1993]). A capital é N’Djamena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha banda de goles acompañada de dúas panelas de sinople; bordo de azul, con cinco flores de lis de prata. Outra variante leva escudo acuartelado: primeiro e segundo cuartel, en campo de azul, con dúas flores de lis de ouro, postas en pao; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cun león rampante da súa cor. Outros ostentan, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e actriz cinematográfica. Debutou en 1943 e protagonizou diversas longametraxes como Singing in the Rain (Cantando debaixo da chuvia, 1952), de S. Donen e Gene Kelly, Band Wagon (Melodías de Broadway, 1953), de V. Minnelli, e Silk Stockings (A bela de Moscova, 1957), de R. Mamoulian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, de follas reducidas a vaíñas, con máis de tres flores hermafroditas nunhas espiguiñas que presentan escamas dispostas helicoidalmente e aparecen nunha inflorescencia terminal formada por unha única espiga. O froito é unha núcula que porta un apéndice apical cónico ou mameliforme ben diferenciado. En Galicia están presentes as seguintes especies: E. acicularis, propia de augas pouco profundas ou áreas temporalmente asolagadas; E. bonariensis, naturalizada; E. multicaulis, que se encontra en brañas, pastos e uceiras; E. palustris, en prados húmidos e pantanos; E. parvula, en lameiras salinas do litoral e lagoas salgadas, e E. quinqueflora, en solos húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Óptico holandés. Atribuíuselle a invención das primeiras lentes de aproximación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de Chad (45.180 km2; 738.595 h [1989]. A súa capital é Sarh (75.496 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego descendente dunha liñaxe da pequena nobreza galega que se asentou na provincia de Pontevedra. Organizou a frota para reconquistar Sevilla en 1248, e as crónicas atribúenlle a destrución da ponte do Guadalquivir que servía como nexo para o abastecemento dos musulmáns. En 1292 foi nomeado Adiantado Maior de Galicia, e, entre 1284 e 1286, foi nomeado almirante do mar e meiriño maior (meirinho-mor) de Galicia desde 1290. A partir de 1284 converteuse nunha figura de importancia para o Rei Sancho IV, a quen acompañou a Santiago de Compostela, e desde aquela ata a súa morte permaneceu en Galicia, onde exerceu diversos cargos. Participou na axitada vida política dos reinos de León e Castela ata que foi asasinado en 1295 por Rui Perez Tenoiro -os seus restos están enterrados no convento franciscano de Pontevedra-. Casou con Maria Giraldez Maldonado e conseguiu o señorío de Rianxo. Pola súa colocación nos cancioneiros e pola súa resposta á cantiga “madeira” de Afonso Lopez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Hispanista. Formado nas universidades de Madrid, Oxford e Múnic, exerceu a docencia na Oxford University e no King s College de Londres. Membro do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, foi o fundador e primeiro director do Instituto de España en Londres, e vicepresidente da Anglo-Spanish Society.   Publicou Contemporary Spanish Literature (1928), Aspects of the Spanish Renaissance (1932) e Breve historia del hispanismo inglés (1948). Foi membro correspondente da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositora. Foi cofundadora e presidenta da sociedade musical Cantar y Tañer e presidenta dos cursos internacionais universitarios Música en Compostela. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica, a Encomienda de Alfonso X el Sabio e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO