"Charro" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

      1. Recipiente ou vasilla de calquera material.

      2. Recipiente ou utensilio de cociña.

      3. Obxecto rudo de calquera tipo ou material.

    1. Aparello ou utensilio vello, estragado ou que funciona mal.

    2. Sopa de auga fervida con codelos de pan e pingas de aceite, que adoitan tomar os mariñeiros a bordo do barco para quentaren o estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. As súas armas levan, en campo de goles, un prato de cacharro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou pedagoxía nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, exerceu como inspector xefe de ensino primario en Lugo. En 1977 foi elixido senador por Lugo na candidatura de Alianza Popular (AP), cargo que renovou nas seguintes lexislaturas. De 1982 a 1986 foi conselleiro de Educación no primeiro goberno galego, presidido por Xerardo Fernández Albor. Dende 1983 é presidente da Deputación de Lugo. No 2000 abandonou a dirección provincial do PP. Foi galardoado coa medalla de ouro da Cruz Vermella e elixido lucense do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, unha torre de ouro, adestrada dunha estrela de prata e sinistrada dunha caldeira de ouro. Outra variante trae, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un oso de sable, deitado ao pé do tronco, ferido no peito e botando pingueiras de sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e farmacéutico. Discípulo de X. Casares Gil, licenciouse na Universidade de Santiago e doutorouse na Universidad de Madrid en 1926. En 1930 obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente dirixiu, na mesma universidade, o departamento de Análise Química Aplicada e Bromatoloxía-Toxicoloxía. Tamén ocupou os cargos de secretario, vicedecano e decano da facultade de Farmacia. Centrou o seu labor investigador no estudo da composición e do estado dos alimentos, así como dos hábitos alimentarios en Galicia. Entre as súas publicacións, destacan Síntesis de medicamentos orgánicos (1914), Contribución al estudo físico-químico de las aguas minero-medicinales de Galicia (1933) e Análisis de alimentos españoles. Composición química de moluscos y crustáceos gallegos (1941)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, filósofo moralista e sacerdote. A súa doutrina presenta unha certa evolución, que vai desde a obra apoloxética contra o calvinismo Trois vérités (Tres verdades, 1593) ata a súa obra filosófica principal De la sagesse (Da sabedoría, 1601), onde preconiza a oposición fronte ao dogmatismo e ao fanatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO