"Cher" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • PERSOEIRO

    Historiador. Monxe bieito de Saint-Germain-des-Prés, onde foi bibliotecario e mestre de Mabillon. Investiga arquivos de mosteiros e publica o Spicilegium sive Collectio veterum aliquot Scriptorum (1655-1677).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo suízo. Os seus traballos axudaron moito na aclaración de problemas sobre a lexicoloxía do latín medieval e das linguas románicas. O seu método é coñecido co nome de estratigrafía lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira cooperativa constituída para o cultivo, elaboración e comercialización de viño Albariño, situada en Sisán, concello de Ribadumia (Pontevedra). Foi fundada en 1975 por Daniel Casalderrey. A súa única e primeira etiqueta é Don Bardo, viño clásico da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva Albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Profesor da Universidade de Cornell, colaborou con J. Robert Oppenheimer nos laboratorios de Los Álamos (Novo México) para a produción da primeira bomba atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista alemán. Ten un marcado estilo vigoroso e realista. É autor da biografía Spinoza (1837) e da novela histórica Dichter und Kaufmann (Poeta e comerciante, 1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Parella de fotógrafos alemáns que, baixo o título de Tipoloxías, realizaron unha serie de traballos sobre edificacións industriais dos ss XIX e XX, abordadas con criterios semellantes aos dun naturalista   (tullas de carbón, depósitos de auga, altos fornos, etc). Consideran as súas series máis como esculturas fotográficas (Anonyme Skulpturen) que como fotografías documentais. A súa obra está representada en numerosos museos e centros de arte de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Foi profesor nas universidades de Münster e Múnic. Interesouse polos problemas da filosofía da natureza, da teoría do coñecemento e da clasificación das ciencias, fundamentalmente a partir das súas investigacións sobre as ciencias naturais orgánicas e sobre os aspectos históricos destas ciencias. Algunhas das súas obras son: Philosophische Voraussetzungen der exakten Naturwissenschaften (Supostos filosóficos das Ciencias Naturais exactas, 1907), Gehirn und Seele (Cerebro e alma, 1911) ou Geisteswissenschaften und Naturwissenschaften: Untersuchungen zur Theorie und Einteilung der Realwissenschaften (Ciencias do espírito e ciencias da natureza: investigacións para a teoría e división das ciencias reais, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político alemán. En 1919 ingresou no Partido Comunista alemán. Ao publicar os poemas Der Leichnam auf dem Thron (O cadáver enriba do trono, 1925) e a novela Levisite oder Der einzig gerechte Krieg (Levisite ou a única guerra xusta, 1926) foi procesado por alta traizón. Exiliouse en 1933, logo da chegada ao poder de Hitler, instalándose na URSS de 1935 a 1945. Dende moi novo colaborou nas publicacións expresionistas Aktion (Acción) e Die Neue Kunst (A Nova Arte) e de volta a Berlín fundou a revista Sinn und Form (Significado e forma), foi presidente da Deutsche Akademie der Künste (Academia Alemana das Artes) e ministro de Cultura de 1954 a 1956. Como poeta, pasou do Expresionismo á épica popular: Neue Deutsche Volkslieder (Novas cancións populares alemanas, 1950), Ausgeswählte Dichtung aus der Zeit der Verbannung (Poesía escollida dos tempos do exilio, 1945-1946), etc. Así mesmo, é autor da novela autobiográfica Abschied...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista e economista. Os seus traballos sobre minerais e transmutación dos metais (Actorum laboratorii chymici, 1669), primeiro intento de unificar a Física e a Química, quedarían esquecidos se non servisen de base a G. E. Stahl para enunciar a teoría do floxisto, última etapa da alquimia. Considerado a miúdo como o economista máis destacado do cameralismo, a súa contribución máis notable foi o estudo sobre as diferentes formas de mercado, distinguindo entre monopolio, polipolio (mercado de libre competencia) e propoli (mercado onde a competencia está limitada polos privilexios). A súa obra económica principal é Politischer Diskurs (Discursos políticos, 1668). Tamén escribiu sobre medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, narrador e poeta. En 1933 exiliouse e viaxou por Europa e América. Cun humor agresivo e sarcástico, escribiu no neido do teatro: Niemand (Ninguén, 1936), Feuerwasser (Augardente, 1952), Die Grossen und die Kleinen (Os grandes e os pequenos, 1956), Biene, gib mir Honig (Abella, dáme mel, 1974); e narrativa, Der Erobere (O conquistador, 1936), Kurz nach Vier (Pouco despois das catro, 1951), Das Herz des Hals (A cor da quenlla, 1960), Der schwarze Hut (O sombreiro negro, 1972), Die nicht so netten Geschichten (Historias non moi agradables, 1980) e Vom Unzulänglichen der Wirklichkeit (Da insuficiencia da realidade, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Multitude de bichos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Realizou estudios no Musikhochschule de Berlín (1924-1926), onde posteriormente exercería como mestre (1948-1970). Na composición de pezas escénicas, destaca a súa ópera Romeo und Julia (Romeo e Xulieta, 1943) e o ballet Tristan (1965); como compositor de música instrumental é relevante a peza Variaciones Paganini (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Orientalista francés. Director do Institut d’Études Islamiques, é autor dunha Histoire de la littérature arabe des origines à la fin du XVème siècle (Historia da literatura árabe desde as súas orixes ata finais do s XV, 1952) e dun Ditionnaire arabe-français-anglais (Dicionario árabe-francés-inglés).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e farmacéutico. Entre a súa obra poética destacan as obras Aportació rimada en homenatge a Verdaguer (Achega rimada en homenaxe a Verdaguer, 1977), Clavellina Nadalenca (1987) e Pinzellades Bagenques (1990). Impulsor de diversos Xogos Florais, obtivo neles diversos galardóns. Foi proclamado mestre en gai saber en tres ocasións e recibiu a Cruz de Sant Jordi (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor danés. A súa obra significa o inicio do Realismo en Dinamarca. Cómpre subliñar a súa obra E Bindstouw (O cuarto de costura, 1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe Blücher von Wahlstatt. Mariscal prusiano, que recibiu o nome de xeneral Vorwärts (Adiante). Distinguiuse na guerra contra a Francia revolucionaria (1793-1794). Durante a campaña de 1806 combateu en Auerstädt, pero tivo que capitular diante de Napoleón I cerca de Lübeck. Comandou o exército de Silesia, co que gañou a batalla de Leipzig (1813). Contribuíu decisivamente á vitoria de Wellington en Waterloo (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal ruso coñecido como Galen. De orixe obreira, serviu no exército tsarista ata 1916. En 1917 uniuse aos bolxeviques, chegando a ser delegado do partido en Samarra. Ao mando de tropas do Exército Vermello combateu, durante a guerra civil, contra os exércitos contrarrevolucionarios de Kolčak e Wrangel. En 1921 foi nomeado ministro da Guerra da República de Siberia. Dende 1922 ata 1938 foi comandante das forzas soviéticas no Extremo Oriente e, entre 1924 e 1928, foi conselleiro militar de Sun Yat-sen e de Chiang Kai-shek. En 1935 foi ascendido a mariscal. En 1937 presidiu o consello de guerra contra Zujachevski e pouco despois, entre 1938 e 1939, desapareceu víctima dunha depuración ordenada por Stalin. Foi rehabilitado en 1956, trala chegada ao poder de Kruščov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violoncelista. Foi a Madrid no ano 1768 e entrou ao servizo do infante Luís Borbón. Foi compositor de cámara de Federico Guillerme II de Prusia (1787-1797). A súa extensa produción inclúe catro concertos para violoncelo, un Stabat Mater (1800) e numerosos cuartetos e quintetos para corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Trátase dun dos mellores representantes do cine americano. Destacou pola súa produción 7 Men from now (Sete homes de agora, 1956), cando xa contaba con moitas realizacións. Traballou en Hollywood para Columbia, Eagle Lion e a Universal. Realizou unha serie de filmes de moita calidade, producidos por Harry Joe Brown con guións de Burt Kennedy. Dirixiu, entre outras películas: One mysterious night (A primeira noite misteriosa, 1944), Black midnight (Medianoite negra, 1949), Comanche station (Estación comanche, 1960) e A time for dying (Un tempo para agonizar, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. É autor do drama Draussen vor der Tür (Na entrada, 1947), onde reflectiu a traxedia da guerra no seu país. O conxunto da súa produción publicouse postumamente en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO