"Chicago" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

    1. Tipo de letra propia do sistema operativo Mac OS.

    2. Nome de código polo que se identificou Windows 95 antes do seu lanzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Illinois, EE UU, á beira do lago Michigan (2.721.547 h [1996]). É o núcleo da área metropolitana Chicago-Gary-Lake County, que se estende pola beira do lago e penetra polo SL en territorio do estado de Indiana; constitúe a terceira aglomeración urbana do país, despois de Nova York e Los Angeles (8.599.774 h [1996]).
    Xeografía
    Localizada nun emprazamento privilexiado nas rutas entre os Grandes Lagos e o litoral de Nova Inglaterra, constitúe unha importante encrucillada de estradas e ferrocarrís, ademais de porto lacustre, que a converten nun gran mercado de produtos agrícolas e gandeiros. O desenvolvemento das actividades industriais e terciarias a partir destes factores remataron de constituíla como un dos principais centros económicos e financeiros dos EE UU. O seu aeroporto internacional é o terceiro do país. A industria está moi diversificada (siderurxia, metalurxia, estaleiros, automoción, derivados cárnicos, téxtil, papeleira, editorial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente arquitectónica estadounidense do final do s XIX. En sentido estricto, fai referencia ao conxunto de construcións comerciais típicas de Chicago e do medio oeste, realizadas entre 1871, data do incendio da cidade, e os primeiros anos do s XX. O punto de partida foi a obra de Henri H. Richardson, que achegou desde 1872 o uso da planta libre e asimétrica para residencias e planificou, desde o punto de vista arquitectónico, construcións que ata entón realizaban enxeñeiros, como estacións ou bibliotecas. William Le Baron Jenney elaborou a estrutura metálica revestida da obra e o desenvolvemento das fiestras, solucións novidosas para combater o perigo do lume, etc. No 1833 construíuse o primeiro rañaceos do mundo, o Home Insurance Building. Richardson creou unha arquitectura moi pura e núa, mentres que Jenney adoptou un eclecticismo vitoriano. A síntese fíxoa o mesmo Jenney no Leiter Building (1899). Daniel H. Burnham construíu rañaceos nos que domina o emprego do vidro, como o Reliance...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola económica fundada en 1930 ao redor da Universidade de Chicago, fundada por Frank H. Knigh e Henry Simons, que partiu das mesmas bases analíticas que Hayek. Na década dos sesenta os principais representantes foron Milton Friedman, Gary Becker e George Stigler. As teorías desta corrente desmarcáronse dos postulados macroeconómicos de Keynes e das formulacións próximas ao liberalismo, e reinterpretaron a teoría cuantitativa do diñeiro defendendo unha liña monetarista. Sostiñan que o mercado e a liberdade de empresa, bases da actividade económica, actúan como elementos organizadores da economía e rexeitaban as intervencións do Estado fóra do manexo na oferta de diñeiro. Esta corrente recibiu numerosas críticas polo excesivo rigor teórico á hora de afrontar cunha metodoloxía exclusivamente económica problemas que implican a varias disciplinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de críticos relacionados coa Universidade de Chicago, activo dende a década de 1930, que estableceu a súa identidade coa publicación da colección de ensaios Critics and Criticism: Ancient and Modern (Críticos e criticismo. Antigo e moderno, 1952). Entre os seus integrantes cóntanse Ronald S. Crane, W. R. Keast, Norman Mclean, Elder Olson, Bernard Weinberg, Richard McKeon e Wayne C. Booth. Defenderon a necesidade dun vocabulario común e bases filosóficas válidas para a crítica literaria a partir da teoría aristotélica que recoñecía catro causas nunha obra literaria: a causa eficiente (o poeta), a causa resultante (o efecto no lector), a causa material (a lingua) e a causa formal (a mimese). Reconsideraron os conceptos de argumento e xénero para entender a obra literaria na súa totalidade e postularon que o obxecto de estudo propio da poética era a causa formal. Por consideraren a Poética de Aristóteles como fonte terminolóxica e metodolóxica, coñécense tamén como neoaristotélicos....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de xeógrafos da Universidade de Chicago que, con Bryan J. L. Berry como o máis destacado, profundizou nos estudios xeográficos, aplicando especialmente os métodos cuantitativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo de jazz practicado en Chicago entre 1919 e 1930 por músicos novos de raza caucásica que se iniciaron na música dos afroamericanos emigrados de Nova Orleans. O trompeta Bix Beiderbecke é o representante máis salientable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Osquesta norteamericana fundada en 1891 polo director Theodore Thomas. Dende 1969 foi dirixida por György Solti que situou a orquesta entre as primeiras a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO