"Ciba" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • MONTES

    Monte da parroquia de Rebón, concello de Moraña (598 m de alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arredar unha persoa ou animal doutras coas que está en contacto, especialmente as reses para que cada unha vaia á súa corte ou os puchos para que non sigan mamando da súa nai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco con apoio e capacidade para varias persoas que ten debaixo unha especie de arca que serve para gardar cousas, especialmente o gran e a carne de porco curada; emprégase tamén de asento e algúns teñen mesa de madeira incorporada e movible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘casa’.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘casa’.

    3. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘cociña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química suíza constituída en 1971 en Basilea como resultado da fusión de Ciba AG e JR Geigy AG, dúas empresas da mesma cidade que iniciaran as súas actividades en 1884 e 1758, respectivamente, especialmente dedicadas aos colorantes. Posteriormente, entrou no sector de produtos farmacéuticos, industriais e agrícolas. Os seus laboratorios foron responsables dos descubrimentos do DDT, da coramina e da cibalxina, entre outros. En 1996 fusionouse con Sandoz para formar Novartis, Ltd, pero mantivo de forma independente dende 1997 Ciba Specialty Chemicals.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de comida que transportan as aves no peteiro para alimentar as súas crías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Síntese de derivados da piridina por condensación de compostos carbonílicos con amoníaco ou aminas, nunha autoclave: A reacción é reversible e produce diferentes derivados da piridina e diversos subprodutos. Descubriuna en 1906 o químico ruso Eugenivic Čičibabin (1871-1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Gardamariña en Ferrol (1803), acadou o rango de alférez de fragata en 1804. Participou na Batalla de Trafalgar e durante a Guerra da Independencia tomou parte nas contendas de Orrantia, Espinosa de los Monteros, Lugo e Astorga. Tenente de navío dende a toma de Donostia (1814), sumouse ao pronunciamento liberal de Díaz Porlier (1815), polo que permaneceu arrestado no castelo de Santo Antón ata 1819. Marchou a Cuba e participou no levantamento do bloqueo do Callao (1824). No 1826 percorreu a costa galega como capitán de fragata para elaborar o mapa cartográfico das rías de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Muros. En 1830 foi nomeado capitán de navío e desempeñou, como interino, o cargo de ministro de Marina (1851) no goberno de Bravo Murillo. No 1853, durante o goberno de F. Lersundi, foi titular do ministerio de Marina, pero tivo que dimitir a causa de certas irregularidades nun contrato. Publicou Círculo de marcar para perfeccionar la aguja de la bitácora (1848),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa arredondada de materia fecal, endurecida ata ter unha consistencia pétrea, que se pode localizar no intestino groso.

    VER O DETALLE DO TERMO