"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Intermediario na síntese do ADP que deriva estruturalmente dos ácidos 3-fosfoglicérico e fosfórico. No citoplasma celular fórmase durante a glicólise por oxidación encimática do gliceroaldehido-3-fosfato. Acto seguido, o seu enlace 1-fosfato transfírese ao ADP e fórmase ATP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘que mata’, ‘que extermina’. Ex: homicida, insecticida,   parricida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sufixo de orixe latina que se emprega nos procesos de creación de palabras co significado de ‘morte’. Ex: homicidio, infanticidio, suicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se obtén tratando o 1-nitroso-β-naftol con bisulfito sódico e ácido sulfúrico. Intermediario na síntese de colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido undecilénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido tartárico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto xenobiótico, empregado como herbicida en agricultura, que tamén pode actuar de forma hormonal debido á súa analoxía estrutural coas auxinas, polo que aumenta a proliferación celular. O seu nome comercial é 2,4-D.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto ácido que se obtén da colofonia, de estrutura derivada do fenantreno. Cando non é puro contén outros ácidos resinosos. Utilízase na industria do xabrón e tamén para a obtención dos seus sales e ésteres denominados abietatos ou, se o produto de partida non é puro, resinatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aborrecer.

    2. Que se sente molesto ou doído moralmente por algo.

    3. Que sente fastío, desagrado ou desgusto por algo.

    4. Que está infectada algunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Todo tipo de publicidade realizada por un anunciante en medios de comunicación de masas, tales como televisión, cine, prensa, radio, Internet e carteis publicitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitohormona das plantas superiores que inhibe o crecemento. Provoca o envellecemento e a abscisión das follas e induce ao adormecemento dos abrochos e das sementes. Inhibe algunhas respostas trópicas e a xerminación das sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o poder de matar ácaros.

    2. Calquera substancia que ten o poder de matar ácaros. Empréganse principalmente en agricultura; entre os máis importantes atópanse o pirofosfato de tetraetilo (TEPP), a octametilpirofosforamida (Schradan) e o 4,4’-diclorobencilato de etilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de accidentar.

    2. Que presenta accidentes.

    3. Persoa que sufriu un accidente.

    4. Que presenta alteracións.

    5. Marca colocada nas cartas deterioradas durante o transporte do correo ao chegaren á oficina de destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acontece fóra do curso regular das cousas, por casualidade.

    2. Non esencial.

    3. Aplícase xeralmente a un cargo exercido de forma provisional.

    4. Mineral, inclusión ou cristal que normalmente non forma parte dunha rocha, pero que ás veces se atopa nela accidentalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema médico baseado exclusivamente nos síntomas.

    2. Corrente política que non xulga esencial a forma de goberno, de aí que non a considere motivo de loita política. Para o accidentalismo o fundamental é o contido que se lle dá á forma de goberno; calquera contido é posible en calquera forma de goberno. No estado español adoptárono as forzas reformistas da Restauración (os posibilistas de Castelar ou o Partido Reformista de Melquíades Álvarez), parte da dereita na Segunda República (CEDA) e case todas as forzas democráticas no período 1975-1977, durante a transición política dende o franquismo, ao aceptaren a monarquía de Xoán Carlos I de Borbón coa condición de que adoitara un contido democrático e parlamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao accidentalismo.

    2. Partidario ou defensor do accidentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padecer un accidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acontecemento imprevisto que vén romper o curso regular das cousas.

      1. Acontecemento fortuíto ou imprevisto do que resulta un dano.

      2. accidente de circulación p ext

        Accidente producido na vía pública con intervención dun ou máis vehículos.

      3. accidente de traballo

        Toda lesión corporal que un traballador por conta allea sofre en ocasión ou como consecuencia da tarefa que executa. Diferénciase da enfermidade profesional polo feito de que se presenta dun xeito súpeto. Para que un accidente de traballo quede protexido pola seguridade social cómpre que entre o traballador e máis a empresa haxa un contrato de traballo verificable e que exista unha relación de causa-efecto entre o traballo que se realiza e o accidente sobrevido. Non se considera truncada a relación de causalidade aínda que o accidente sexa debido á imprudencia profesional do traballador ou por culpa dunha terceira persoa.

    2. Circunstancias que aumentan ou diminúen a responsabilidade ou culpabilidade.

    3. Carácter non esencial nin necesario dun ser, que pode subsistir fóra del e que pode estar ou non sen que troque a natureza do ser.

    4. Inflexión que sofre unha palabra para expresar as diferentes categorías gramaticais. En galego son accidentes gramaticais o xénero e o número na flexión nominal e o modo, o tempo, o número e a persoa na verbal. Subsisten só algúns restos dos casos, nos pronomes persoais e tamén da voz pasiva latina.

    5. Ataque apopléctico.

    6. Definición xenérica das diversas patoloxías que dan lugar a unha alteración súpeta da irrigación do encéfalo e que comportan lesións neurolóxicas, entre as que se inclúen a embolia, a trombose e a hemorraxia cerebral.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto obtido por oxidación do ácido oleico con ozono. Emprégase en síntese orgánica na produción de poliamidas e plastificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (38.588 km2; 2.284.208 h [1991]). A capital é Orumiyeh.

    VER O DETALLE DO TERMO