"Clavaria" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das clavariáceas de cogomelos de ata 15 cm, alongados e non ramificados, que forman grupos e esporas, as máis da veces de cor branca. En Galicia están presentes as especies C. acuta e C. grossa.
-
-
Relativo ou pertencente ás clavariáceas.
-
Fungo da familia das clavariáceas.
-
Familia de fungos da orde das afiloforais, de carpóforos máis ou menos carnosos, erectos, en forma de clava, pouco ou moi ramificados, revestidos polo himenio, que é liso. Comprende principalmente fungos humícolas. Pertencen a esta familia os xéneros Clavaria, Clavariadelphus, Clavulina e Ramaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das clavariáceas que presenta cogomelos con forma de clava de ata 20 cm de longo, de superficie engurrada e cor amarelada. En Galicia está presente a especie C. pistillaris, en bosques caducifolios, comestible e empregada como condimento.