"Cleome" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das caparáceas, erectas, de ata 40 cm de alto, pubescentes e glandulosas, de follas inferiores trifoliadas e superiores sinxelas, con flores de catro sépalos amarelos e catro pétalos desiguais e violáceos de ata 6 mm de longo. Na metade oriental de Galicia está presente a especie C. violacea en terreos áridos e cultivos.
-
PERSOEIRO
Rei de Esparta (520-490 a C). Membro da dinastía dos Áxidas, buscou a consolidación da hexemonía espartana en Grecia. Á fronte dun exército espartano axudou a expulsar a Hipias de Atenas (510 a C) e mantivo o partido aristocrático ateniense oposto a Clístenes. No ano 500 a C negouse a axudar aos xonios contra os persas. Enfrontado co seu colega Demarato, depúxoo valéndose dun oráculo pero, ao descubrirse a fraude, tivo que exiliarse. Chamado outra vez polos espartanos, toleou e suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Esparta (236-219 a C). Continuou a política do seu predecesor Axis IV, co restablecemento das leis de Licurgo, coa represión do luxo e a imposición dunha férrea disciplina. Ocupouse tamén de reformar o exército e nomeou cidadáns de pleno dereito a 4.000 periecos, entre os que repartiu terras. Envelenou o seu colega e nomeou o seu irmán Euclides para compartir a monarquía. Tentou controlar a Liga Aquea e, logo da vitoria de Megalópolis (227 a C), tomou as cidades de Argos e Corinto (223 a C), pero foi vencido en Selasia (221 a C). Fuxiu a Exipto, onde foi encarcerado por Ptolomeo IV Filopátor e logo suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO