"Cleveland" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Meteorólogo norteamericano. Dirixiu un servizo de predición do tempo nos EE UU (1871). Suxeriu a división do territorio en fusos horarios, idea adoptada oficialmente nos EE UU en 1883.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ohio, nos EE UU, situada sobre a desembocadura do río Cuyahoga, no lago Erie (498.246 h [1996]). Coa construción da canle de Ohio (1831) e a chegada do ferrocarril (1851), experimentou un gran crecemento. O río divide a cidade en dúas partes: nunha das ribeiras hai unha área industrial (téxtil, química e refinerías de petróleo), na outra está a área comercial e cultural. Posúe un centro de estudios superiores, a John Carroll University (1886). Fundouna en 1796 o xeneral Moses Cleveland, pero ata finais de 1836 non recibiu o título de cidade. O Museum of Cleveland, inaugurado en 1916 e ampliado en 1958, contén unha importante colección de pintura francesa (Georges de La Tour, Camille Corot e Édouard Manet), italiana (il Tintoretto) e española (El Greco, Goya, Picasso, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, na Rexión Norte, Reino Unido (583 km2; 559.200 h [estim 1995]). A capital é Middlesborough (149.770 [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Estudiou en Cambridge, onde exerceu a docencia. Prisioneiro de Cromwell por defender o rei, foi expulsado da súa cátedra. A súa obra poética, de carácter satírico, recompilouse en Poems (Poemas, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Foi elixido gobernador do estado de Nova York polo Partido Demócrata (1882). En 1885 converteuse en presidente dos EE UU e foi reelixido en 1893. Reafirmou as competencias do presidente, en detrimento dos estados federais, e realizou unha política de oposición ao proteccionismo e aos dirixentes sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta estadounidense. Coñecido como Jesse Owens, foi especialista nas probas de velocidade e en salto de lonxitude. En 1935 estableceu unha marca de salto de lonxitude (8,13 m) que non foi batida ata 1960. Conseguiu catro medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Berlín (1936), nas probas de 100 m, 200 m, 4 x 100 m remudas e salto de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (245 km2; 139.132 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO