"Cluny" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • LOCALIDADES

    Localidade do departamento de Saône-et-Loire, na Borgoña, Francia (4.430 h [1990]). As principais actividades económicas son a gandería e a agricultura. Carlomagno dooulle a vila á igrexa de Mâcon e no 893 pertenceu ao duque Guillerme de Aquitania, fundador da abadía de Cluny que lle deu o nome á cidade. Do seu patrimonio cómpre salientar tamén a igrexa románica de Saint-Marcel e a igrexa gótica de Notre-Dame.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que editaron as Gráficas Galaico-Coruña en Santiago de Compostela a partir de 1965, co subtítulo de “Revista de los Colegios de San José de Cluny España”. Baixo o lema de “Trabajo, Piedad, Sencillez” atopábase unha publicación relixiosa de carácter informativo. Acolleu distintas seccións como “Flash de actualidad”, na que publicou unha entrevista con Cunqueiro, ou “Noticias de Familia” realizada como unha crónica de sociedade con fotos e comentarios de vodas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa abacial situada na localidade de Cluny, fundada no 910 cando Guillerme de Aquitania lle cedeu a vila aos beneditinos, que seguían a reforma de san Bieito de Aniana, para construír unha abadía dedicada aos santos Pedro e Paulo, e que se situou baixo a autoridade da Santa Sé. As escavacións e os estudios que, desde 1928, realizou Kenneth John Connant, e a veciña igrexa de Paray-le-Monial, construída tamén polo abade Hugo, permitiron a reconstrución ideal da que foi unha das igrexas máis importantes do mundo cristián occidental da época. A diferenza dos cistercienses, os cluniacenses non obrigaron ás abadías dependentes a construír o modelo de igrexa da abadía nai, polo que non houbo unha tipoloxía cluniacense. O oratorio do 910 (Cluny A) e a igrexa do 927 (Cluny I) precederon á igrexa (Cluny II) que construíu o abade Maiol ou Maïeul (950-963). O coñecemento do complexo monacal foi posible grazas á descrición do monxe Guido na que percorría as distintas dependencias da abadía, como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Orde monástica beneditina orixinada na abadía de Cluny.
    Orixe e evolución da orde
    A congregación cluniacense naceu na abadía de Cluny, fundada no 910 por Guillerme de Aquitania. Dende a súa fundación, dependeu directamente do papado e non se someteu nin ao poder dos señores feudais nin á monarquía. O seu primeiro abade foi Bernon, nomeado directamente polo fundador da abadía, mentres que os seus sucesores elixíronos os monxes que formaban a congregación. Os grandes abades de Cluny foron Odón (927-942), Aymard (942-965), Maiol ou Maïeul (965-994), Odilón (994-1049), Hugo (1049-1109), Poncio (1109-1122) e Pedro o Venerable (1122-1156). Durante os ss XI e XII tivo lugar a reforma da orde beneditina que deu lugar ao nacemento de Cluny, tamén coñecida como congregación cluniaciense. Ante a relaxación dos costumes dos monxes e os abusos que se cometían dentro da igrexa, como a simonía, os cluniacenses reinterpretaron a regra de san Bieito de xeito rigoroso baseándose...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade de Cluny (1049). Tamén coñecido como santo Hugo o Grande, foi un dos principais reformadores medievais da vida monástica. Foi un dos fundadores da gran basílica de Cluny (1080) e, desde ela, promoveu e estendeu a reforma de Cluny e organizou a peregrinación a Compostela. Na iconografía viste roupas de abade, co báculo abacial, e represéntase falando cos dous papas que foran monxes baixo a súa autoridade, Gregorio VII e Urbán II, dos que foi conselleiro. A súa festividade celébrase o 29 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo abade de Cluny (927-942). Formouse na corte do duque da Aquitania e converteu o seu mosteiro no primeiro centro de espiritualidade de Occidente á vez que reformou cenobios de Francia e Italia. Foi reformador da orde beneditina e obtivo a dependencia directa do papa para os mosteiros cluniacenses. Teórico musical, interesouse pola notación e a determinacion de diversos intervalos da escala. Fixo as sistematización da notación teórica e substitíu as letras gregas polas latinas, fixo coincidir o Α coa nota la. Represéntase con vestiduras de abade beneditino e porta báculo. A súa festividade celébrase o 18 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO