"Clyde" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Zoólogo e ecoloxista norteamericano. Fixo unha contribución importante ao estudo do comportamento social, aos agregamentos e á distribución xeográfica dos animais, tanto en medios marítimos como terrestres. Escribiu Ecological animal geography (Xeografía ecolóxica animal, 1937), The social live of animals (A vida social dos animais, 1938) e Principles of animal ecology (Principios de ecoloxía animal, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana da década dos anos 60 dirixida por Arthur Penn e interpretada por Faye Dunaway, Warren Beatty, Michael J. Polland, Gene Hackman e Estelle Parsons. Trátase dun filme de gángsters ambientado na depresión económica americana dos anos 30. Os dous protagonistas son unha parella nova de atracadores que mesturan o romanticismo, o sexo e a violencia nunha sociedade que consideran inxusta e que se lles opón perseguíndoos. A acción transcorre ao longo dun itinerario no que se observa certa evolución nos protagonistas cun fin tráxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Escocia. Nace nas Southern Uplands. O seu curso adopta unha dirección SL-NO que mantén ata a súa desembocadura no Firth of Clyde, o esteiro máis profundo da costa occidental escocesa, logo dun percorrido de 170 km. Nas súas beiras está o complexo de estaleiros máis importante do Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Escocia sobre o río Clyde. Trátase dun importante porto fluvial situado preto de Glasgow (49.650 h [estim 1995]). A base da súa economía é a industria, na que destacan os estaleiros, a metalurxia e as fábricas de cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino británico dos bretóns setentrionais (ss IX-X), establecidos desde os ss V e VI na conca do Clyde. Ao pasar a súa dinastía a unha rama dos escotos (945), uniuse ao Reino de Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Traballou no observatorio Lowell de Flagstaff e foi profesor na Universidade de Novo México. En 1930 localizou o planeta Plutón. Das súas obras destacan The search for small natural Earth satellites (1959) e The transneptunian planet search (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO