"Codeseda" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos son abundanciais, xa que fan referencia a lugares nos que abundan os codesos, e proceden do latín cytisu + sufixo -eta. Como apelido documéntase no s XV: “Rodrigo de Codeseda” (doc ano 1481 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 178).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrución nobre situada en Santa María de Leira (Ordes). Relacionada coa familia dos Queirís, fundárono Domingo Rodríguez de Vera e Aguiar e a súa dona María López de Verea. É de estilo barroco e conserva dous brasóns labrados sobre a fachada principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Pertenceu ao antigo convento de beneditinas de Augas Santas ou Codeseda, fundación de mediados do s XII. No ano 1124, o Rei Afonso VII outorgoulle a xurisdición destas terras a Munio Pérez Tacon, pero no 1154 xa pertencía á mitra compostelá. A súa construción debeu comezar baixo o goberno da abadesa Mariña Fernández. A cronoloxía da ábsida é de mediados do s XII (1164?). Das trazas románicas só se conserva unha ábsida semidecagonal que consta dun tramo recto, unido á nave, e outro formado polos lados do semidecágono. Accédese a ela a través dun arco triunfal de medio punto peraltado que descansa sobre un par de columnas entregadas con capiteis de follas moi estilizadas. Os tramos cóbrense con bóveda de canón, reforzada por un arco faixón, e de cuarto de esfera ou de forno, sostida por seis nervios baqueteados unidos nunha clave cun florón e apoiados sobre columnas e columniñas con capiteis vexetais de follas picudas ou en espiral....

    VER O DETALLE DO TERMO