"Colantres" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coirós baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Coirós. Construída a finais do s XII, conserva unha boa parte da súa estrutura románica. Trátase dun edificio dunha soa nave con ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón lixeiramente apuntada. O arco triunfal, dobrado, tende a ser apuntado. A arquivolta interior está sostida por dúas columnas entregadas sostidas por bases áticas con garras e coas escocias decoradas con zigzags. Os capiteis foron picados pero quedan sombras porque estiveron cubertos de follas e os colariños sogados. No extremo nororiental consérvase un fragmento dunha pintura do s XVI que representa a Cristo atado á columna, que puido formar parte dun ciclo dedicado á paixón. No exterior destaca a porta setentrional cun gran lintel que presenta unha semicircunferencia inscrita, coma se se fose esculpir un tímpano. A porta sur, cun tímpano semicircular sobre machetas, quedou oculta ao lle engadir unha estancia. Os beirís están sostidos por canzorros, pero algúns, como os do lado norte...
VER O DETALLE DO TERMO