"Colima" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CAPITAIS
Capital do estado homónimo, México, situada na marxe dereita do río Armería (106.967 h [1990]). É o principal mercado dunha rexión eminentemente agrícola (café, cacao, cana de azucre) e gandeira. Do 400 ao 1400 foi o centro dunha cultura precolombina da que se atoparon, en tumbas abertas en terreos rochosos, figuras de terra cocida que representan homes e mulleres en escenas da vida cotiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federado de México, drenado polos ríos Armería e Salado (5.191 km2; 488.028 h [1995]). A capital é Colima. A maior parte do territorio está ocupado por unha chaira costeira, agás no N e no L, onde está accidentado polos contrafortes de Sierra Madre Occidental. Ten grandes bosques tropicais dos que se obteñen madeiras preciosas de calidade e unha gran variedade de froitas. As principais actividades económicas son a agricultura (azucre, café, arroz), a gandería e a minería (principalmente xacementos de ferro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de colimar.
-
-
Elemento que ten capacidade de colimar.
-
Instrumento empregado para individualizar unha visual. Úsase en topografía e nos mecanismos de puntería das armas de fogo.
-
Dispositivo óptico para dar, completa ou parcialmente, a imaxe dunha fonte luminosa e facer paralelos os raios luminosos que proveñen dela.
-
-
-
Confinar a radiación emitida por unha fonte a un feixe ben definido de raios paralelos ou ben ocupando un determinado ángulo sólido.
-
Facer pasar por un punto dado unha visual móbil desde un instrumento óptico.
-
Dar a imaxe dunha fonte luminosa individualizando un feixe de raios paralelos.
-