"Colombo" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • CAPITAIS

    Capital de Sri Lanka e do distrito homónimo (615.000 h [1990]). Está situada na costa occidental da illa, no Océano Índico, ao S da desembocadura do río Kelani. É o principal porto da illa e escala das liñas de navegación de Europa cara ao Extremo Oriente; esta característica fai dela un centro comercial importante, tanto de exportación (principalmente de produtos como té, caucho, coco, grafito, cacao e pedras preciosas) como de importación (arroz, azucre e produtos lácteos). Non obstante , o tecido industrial da cidade non está moi desenvolvido. Foi colonizada no s XVI polos portugueses, que axiña a converteron no centro do comercio das especias, e en 1656 foi ocupada polos holandeses, que a mantiveron no seu poder ata que os británicos a conquistaron no ano 1796.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (699 km2; 2.062.000 h [estim 1994]). A capital é Colombo (615.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrés García de la Riva Colombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Deputado da Democracia Cristiá desde o ano 1946, no ano 1970 foi nomeado presidente dun goberno de centro esquerda, cargo que ocupou ata o ano 1972. Membro do Parlamento Europeo dende 1976 a 1980, ocupou a súa presidencia durante o período 1977-1979. Nos anos oitenta volveu asumir tarefas de goberno, como a de ministro de Asuntos Exteriores (1980-1983 e 1992-1993) e de Finanzas (1988-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto para a cooperación e o desenvolvemento económico do sur e sueste asiáticos ideado na cidade de Colombo en 1950, que entrou en vigor no ano 1951. Os 24 países que o forman divídense en dous grupos: os países desenvolvidos de fóra da área (Australia, Canadá, EE UU, Reino Unido, Xapón e Nova Zelanda) que se comprometen a proporcionar axuda económica e asistencia técnica, e os países da área beneficiarios desa axuda, como a India, Sri Lanka e Tailandia, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Foi profesor nas universidades de Pisa, Roma e Padua; nesta útlima sucedeu a Vesalius na cátedra de Anatomía en 1544. Autor, entre outros, de diversos estudios sobre a anatomía da pelve e do oído, así como sobre a fisioloxía da dixestión, sinalou a existencia da pregadura do peritoneo e deu unha descrición exacta do mediastino. Son tamén notables os seus descubrimentos en fisioloxía circulatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO