"Columbus" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CIDADES
Cidade do estado de Georgia, EE UU, situada na beira esquerda do río Chattahoochee, nos contrafortes das montañas Pine (179.280 h [1990]). Está situada nunha área produtora de algodón, que a converte nun núcleo industrial moi importante. Posúe grandes recursos hidroeléctricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Ohio, EE UU, drenado polo río Scioto (657.053 h [1996]). É a segunda cidade do estado en número de habitantes, despois de Cleveland. O seu aumento demográfico no s XX foi moi importante. As principais actividades económicas son a industria siderúrxica e a fabricación de maquinaria diversa. Os seus centros de ensino superior son a Capital University, fundada en 1850, e a Ohio State University, creada en 1870. Lucas Sullivant fundou a cidade en 1797 e converteuse en capital de Ohio desde 1824. O seu desenvolvemento produciuse sobre todo pola construción dos canais de Ohio e Eire en 1830, e pola expansión do ferrocarril a mediados do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico norteamericano. Destacou na elaboración de guións en colaboración con Steven Spielberg e outros coñecidos directores en filmes como Gremlins, The Goonies ou Young Sherlock Holmes (O enigma da pirámide). Tamén realizou os seus propios filmes, entre os que destacan: Nigth on the Town (Unha noite de aventuras, 1987), Home Alone (Só en casa, 1990), Home Alone 2: Lost in New York (Só en casa 2: Perdido en Nova York, 1992), Mrs. Doubtfire (A señora Doubtfire, 1993) ou Nine Months (Nove meses, 1995). Outros filmes nos que participou, tanto como director como guionista, son Harry Potter e a pedra filosofal (2001), Harry Poter e a cámara segreda (2002), Harry Potter e o cárcere de Azkaban (2004), Noite no Museo (2006), Noite no museo 2 (2009), Noite...
VER O DETALLE DO TERMO