"Constancio" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do nome Constantino.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (305-306), pai de Constantino I o Grande. Foi adoptado por Maximiano e nomeado césar (293), cargo que compartiu con Galerio. Ocupouse da defensa das Galias e de Hispania, sufocou unha revolta na Bretaña (296) e derrotou a francos e alemáns. Despois da abdicación de Diocleciano e Maximiano (305), foi proclamado emperador xunto con Galerio. Obrigado por este, adoptou como césar a un oficial ilirio, chamado Severo. Morreu mentres dirixía unha campaña contra os pictos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (337-361), fillo de Constantino I o Grande. Á morte do seu pai foi proclamado emperador polo seu exército e recibiu a parte oriental do Imperio, que comprendía Asia e Exipto, con capital en Constantinopla. Loitou contra os persas na fronteira oriental do Imperio no 338, no 346 e no 350, sen acadar unha vitoria definitiva. Defendeu a herexía ariana, polo que se enfrontou co seu irmán Constante. Despois da morte deste (350), loitou contra o usurpador Maxencio nos Balcáns e na Galia ata que o derrotou definitivamente (353). Unificou o Imperio baixo o seu poder e enfrontouse ás incursións dos alamanos na Galia. Nomeou césar o seu curmán Xuliano (355), mentres freaba os ataques persas. Morreu cando se dirixía a loitar contra Xuliano, proclamado emperador polas tropas das Galias (360).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano de Occidente (421). Foi xeneral de Honorio e venceu o usurpador Constantino nas Galias. Posteriormente, casou coa irmá de Honorio, Gala Placidia (417). Honorio asociouno ao poder e foi nomeado emperador no 421, pero Teodosio non o recoñeceu. Morreu ao pouco tempo do seu nomeamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Chegou á Coruña en 1906, onde se relacionou coas diversas escolas racionalistas alentadas pola Antorcha Galaica del Librepensamiento e coa Escuela Integral para Niñas, que promoveu en 1913 xunto coa súa muller, Luisa Elizalde. Participou intensamente na defensa do laicismo na sociedade civil intervindo en numerosos actos públicos, como o Congreso de la Paz celebrado en Ferrol (1915), onde se aprobou a súa proposta de crear un comité permanente para darlle pulo á loita antimilitarista. Como publicista, colaborou na Revista Blanca, onde publicou o ensaio “La escuela: su pasado, su presente y su porvenir” (1925), no semanario coruñés La Voz del Obrero e deixou impreso o folleto “Disertación Científico Social” (1913).
VER O DETALLE DO TERMO