"Constantino I" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Rei asénida de Bulgaria (1257-1277). Sucedeu a Miguel I e casou con Irene Lascaris, filla de Teodoro II, e máis tarde con María Cantacuze. Loitou contra os húngaros, os bizantinos e os mongois. No interior do país viviu un período de revoltas, e nunha delas, dirixida polo pastor Ivajlo, foi destronado e asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1913-1917 e 1920-1922), fillo de Xurxo I e de Olga de Rusia. Sucedeu o seu pai e casou coa princesa Sofía de Prusia, irmá de Guillerme II. Durante a Primeira Guerra Mundial declarouse partidario dos Estados Centrais fronte á opinión de E. Venizelos, presidente do consello de ministros, partidario dos aliados e que en 1916 declarou a guerra contra Alemaña. Abdicou en 1917 no seu fillo Alexandre e trala morte deste volveu ao trono en 1920. Despois da derrota das forzas gregas en Esmirna ante os turcos en 1922, abdicou novamente en favor do seu fillo Xurxo e marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Novo (Arles 317 - Aquilea 340) Emperador romano (337-340), primoxénito de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 317, recibiu do seu pai a responsabilidade da supervisión directa da Hispania, Britania e as Galias, e situou a súa sede en Tréveris. Despois da morte de Constantino I (337), produciuse unha etapa de gran violencia, trala que foi nomeado emperador polo exército, xunto cos seus irmáns Constancio e Constante. Conservou os territorios que xa tiña baixo a súa autoridade, pero comezou a presionar sobre Constante para aumentar as súas posesións. Foi derrotado e morreu cando tentaba cruzar os Alpes para enfrontarse con Constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (767-768). Foi imposto polo seu irmán, duque de Nepi, xefe da aristocracia laica, como sucesor de Paulo I e foi deposto pola aristocracia clerical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (407-411). Elixido polo exército en Britania, estendeu a súa autoridade pola Galia e Hispania, sometida polo seu fillo Constante. Recoñecido polo Emperador Honorio, foi derrotado e morreu a mans do exército imperial dirixido por Constancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (641), fillo de Heraclio I. No seu breve reinado opúxose ao monotelismo e comezou unha política de reconciliación con Roma. Retirouse a Calcedonia onde morreu, posiblemente envelenado pola súa sogra Martina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (668-685), fillo de Constante II. Ao chegar ao poder enfrontouse ás sublevacións en Sicilia e á insurrección militar en Asia Menor, que finalmente someteu. Rexeitou os intentos dos árabes de penetrar en Constantinopla entre os anos 674 e 678, pero non puido evitar a invasión da África bizantina. Despois da conquista de Mesia (679) polos búlgaros, emprendeu unha campaña contra eles con pouca fortuna. En materia relixiosa, convocou o III Concilio de Constantinopla, sexto ecuménico (680-681), que condenou o monotelismo e permitiu restablecer a unidade relixiosa coa sé de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador bizantino (1042-1055) polo casamento coa Emperatriz Zoe, viúva de Romano III Argir e filla de Constantino VIII. Durante o seu goberno produciuse a conquista dos territorios bizantinos en Italia polos normandos e o cisma definitivo entre o Patriarca Miguel Cerulario e o Papa León IX (1054). Anexionou Armenia (1045) e soportou o sitio de Constantinopla polos turcos (1048), mentres no interior tivo que sufocar diversos alzamentos populares e unha importante crise financeira. Permaneceu no poder despois da morte da Emperatriz Zoe (1050) e favoreceu as artes e as ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO