"Constantino II" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Novo (Arles 317 - Aquilea 340) Emperador romano (337-340), primoxénito de Constantino I o Grande. Nomeado césar no 317, recibiu do seu pai a responsabilidade da supervisión directa da Hispania, Britania e as Galias, e situou a súa sede en Tréveris. Despois da morte de Constantino I (337), produciuse unha etapa de gran violencia, trala que foi nomeado emperador polo exército, xunto cos seus irmáns Constancio e Constante. Conservou os territorios que xa tiña baixo a súa autoridade, pero comezou a presionar sobre Constante para aumentar as súas posesións. Foi derrotado e morreu cando tentaba cruzar os Alpes para enfrontarse con Constante.
-
PERSOEIRO
Antipapa (767-768). Foi imposto polo seu irmán, duque de Nepi, xefe da aristocracia laica, como sucesor de Paulo I e foi deposto pola aristocracia clerical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (407-411). Elixido polo exército en Britania, estendeu a súa autoridade pola Galia e Hispania, sometida polo seu fillo Constante. Recoñecido polo Emperador Honorio, foi derrotado e morreu a mans do exército imperial dirixido por Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (641), fillo de Heraclio I. No seu breve reinado opúxose ao monotelismo e comezou unha política de reconciliación con Roma. Retirouse a Calcedonia onde morreu, posiblemente envelenado pola súa sogra Martina.
VER O DETALLE DO TERMO