"Constantino VI" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (780-797). No 776 asociouse ao seu pai León IV e sucedeuno baixo a rexencia da súa nai Irene (780-790). Durante os anos seguintes reinaron ambos os dous como coemperadores, pero o emperador perdeu parte dos seus apoios despois da represión dunha revolta (793) e foi derrotado polos búlgaros e polos árabes (797). A emperatriz ordenou cegar o seu fillo no 797 e reinou despois da súa deposición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (913-959), fillo de León VI. Sucedeu o seu pai no goberno tutelado primeiro polo seu tío Alexandre (912-913) e despois pola súa nai, a Emperatriz Zoe, ata o 919. Dende o 920, o seu sogro, o almirante Romano I Lecapeno, tomou o título de césar e asociouse ao goberno. Comezou a reinar pola súa conta despois da morte de Romano (944) e asumiu as funcións lexislativas, mentres os seus xenerais acadaban importantes éxitos fronte aos musulmáns (957-958) e aos húngaros. Chegou a un acordo coa rexente rusa, a Tsarina Olga, e fomentou a cultura e o ensino público. Promoveu o movemento enciclopedista polas súas afeccións culturais e, entre as súas obras, hai que destacar Vida de Basilio e o tratado Sobre a administración do Imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (976-1028), fillo de Romano II e de Teófano. Dende o 963 ocupou o trono asociado ao seu irmán Basilio II, aínda que permaneceu sometido ás sucesivas tutelas de Nicéforo Focas e Xoán Tzimisces, e a partir do ano 976 ocupou o trono dun xeito efectivo. Delegou as responsabilidades de goberno no seu irmán Basilio II Bulgaróctonos e, ao morrer este (1025), apoiouse nos funcionarios e eunucos da burocracia imperial. O seu reinado constitúe o preludio da decadencia do Imperio.
VER O DETALLE DO TERMO