"Copenhague" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo Lingüístico de Copenhaguen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo teatral producido por Uvegá Teatro, con dirección de Manuel Lourenzo, no que actuaron Iván Toxeiro e Xesús Balboa, coa escenografía de Xoán M. López Eirís. Estreouse en Vigo en xaneiro de 1995, cun considerable éxito de crítica e público. Partindo dunha posta en escena sinxela e funcional, na liña do vello teatro independente, destacou o traballo dos dous actores que interpretaron a peripecia vital de dous mozos inconformistas, Ceferino e Aurelio, no momento en que imaxinaban as posibilidades para crear un espectáculo teatral. O vello recurso do teatro dentro do teatro servía nesta ocasión para ofrecer unha visión sumamente aceda e sarcástica da situación política e cultural de Galicia, desde o que os autores do texto dramático, Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido, denominaban evidencialismo, movemento artístico que propoñía mostrar a cara verdadeira da realidade. Copenhague constituíu un dos espectáculos máis notables da década dos noventa, sobre todo no plano interpretativo,...
-
CAPITAIS
Capital do estado de Dinamarca, no estreito de Sound, na rexión de Sjaelland (491.082 h [1999]). Constitúe un amt independente e cumpre as funcións de capital do amt homónimo. O clima é temperado, cunha temperatura media en inverno de 1°C e en verán de 16°C. É un gran centro comercial e o primeiro porto do país, dende onde se exportan cereais e produtos lácteos, e se importa carbón, petróleo e materias primas. As industrias máis importantes son os estaleiros, o sector químico, o téxtil, o da fabricación de reloxos e o do tabaco. Destaca a elaboración de porcelana e louza de prata forxada a man. Porto do comercio dinamarqués, é a ponte entre Europa central e Escandinavia. Núcleo industrial, sobresae tamén polas actividades terciarias e o turismo. Ten varios centros de ensino superior: a Universidade de Copenhaguen, fundada en 1479; a Universidade de Veterinaria e Agricultura, de 1856; e a Universidade Politécnica de Dinamarca, de 1829. Orixinariamente, Copenhaguen foi un...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca, na rexión de Sjaelland (526 km2; 612.053 h [estim 1999]). A capital é Copenhaguen, cidade que constitúe practicamente a totalidade da circunscrición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Escola de Copenhaguen Grupo de lingüistas dinamarqueses reunidos, dende 1934, ao redor de Viggo Brøndal e Louis Hjelmslev. Viggo Brøndal consideraba que o obxectivo da lingüística era atopar na lingua certas concepcións da lóxica, buscar o número de categorías e a súa definición. Desta concepción partiu a busca dos universais da linguaxe. Os lingüistas do Círculo Lingüístico de Copenhaguen propoñían unha teoría das mutacións bruscas, por saltos, que permitía pasar dun estado a outro. Esta concepción explicaba a resolución das sincronías sucesivas na dinámica da diacronía. Con Louis Hjelmslev (Principios de gramática xeral, 1928; Prolegómenos a unha teoría da linguaxe, 1943-1953) e H. J. Uldall (Bosquexo de glosemática, 1952-1957), o grupo orientouse progresivamente cara a un estruturalismo abstracto e proporcionoulle á escola a teoría da glosemática (Traballos do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, Acta Lingüística, Boletín do...