"Cordillera Central" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Serie de montañas da cordilleira dos Andes que se estende por Colombia, Perú e Bolivia. En Colombia, no seu brazo central (nas montañas de Quindío), entre os ríos Magdalena e Cauca, están as máximas altitudes, como Nevado del Tolima, Nevado del Huila (5.750 m) e o volcán de Nevado del Ruiz, que aínda mostra certa actividade. Neste tramo ten unha lonxitude aproximada de 1.000 km e ocupa unha superficie de 110.000 km2. En Perú constitúe o ramal interior da cordilleira dos Andes e está situada entre os ríos Huallaga e Marañón. En Bolivia é a continuación meridional da Cordilleira Real, drenada polos ríos Caine, Grande e Pilcomayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de Puerto Rico, que atravesa a illa en dirección NO-SL. A súa máxima altitude é o Cerro de Punta (1.338 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra da República Dominicana, entre o val do río Yaque del Norte e o lago Enriquillo, que culmina no Pico Duarte (3.175 m). É o principal núcleo montañoso da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO