"Coronado" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Asuntos Exteriores de Honduras en 1843 e presidente da República (1845-1847). Durante o seu mandato, desenvolvéronse dúas guerras, unha civil e outra exterior con El Salvador, por mor do apoio de Honduras ao xeneral Malespín na súa tentativa de ascenso ao poder. Ao seu regreso ao país, despois do desterro que sufriu durante a presidencia de Juan Lindo, ocupou diversos cargos na administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Coroado.

    2. Liñaxe natural do lugar de Cornado, en Touro, na comarca de Arzúa. Estendeuse por Castela, onde fundou unha nova casa, e logo pasou a terras americanas. A rama galega trae como armas escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cunha bandeira de goles. Algunha variante leva, en campo de goles, un león rampante de ouro, faixado de goles; bordo de azul, con oito flores de lis de prata. Outros empregan, en campo de goles, un león rampante de ouro, coroado do mesmo metal; bordo de ouro, con oito flores de lis de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do Pacífico, Costa Rica, entre a punta Quepos e a punta Llorona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. A súa casa de Madrid foi centro de reunións literarias e refuxio de liberais, sobre todo trala Revolución de 1866. Residiu en diversas cidades do estranxeiro e, posteriormente, retirouse a Lisboa. Aos 13 anos escribiu a oda La Palma, loada por Espronceda. Logo editou a primeira edición de Poesías (1843). A súa poesía é prebecqueriana e de tema xeralmente amoroso, como a balada “El amor de los amores”. Tamén escribiu teatro, novela e recordos de viaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1535 viaxou a Nueva España e tres anos despois foi nomeado gobernador de Nueva Galicia. Descubriu o Gran Canón do Colorado e a súa desembocadura, explorou o val do Río Grande, e as chairas do O do Mississippi ata as Montañas Rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO