"Corono" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe grego, fillo de Ceneo, e xefe lapita. Participou na expedición dos argonautas. Heracles matouno por orde do Rei Eximio. Tivo un fillo, Leonteo, que loitou na Guerra de Troia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método radiolóxico que ten como finalidade facer visibles as dúas arterias coronarias e as súas ramas mediante a inxección, ao nivel do nacemento da aorta, dunha substancia de contraste utilizando técnicas de cateterismo cardíaco. Serve para pór de manifesto a aterosclerose da rede coronaria, as tromboses, as obliteracións, a estenose, o aneurisma e as cardiopatías isquémicas. Tamén se coñece como coronariografía ou arteriografía coronaria selectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato óptico deseñado e construído por Bernard Lyot en 1930, que permite o estudo da coroa solar e das protuberancias a plena luz do Sol, sempre que o aparato estea nun lugar suficientemente alto para diminuír o efecto da difusión da luz pola atmosfera.
-
-
Que ten a forma do pico dun corvo.
-
Protuberancia situada no extremo superior do cúbito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicacéas, de ata 30 cm de lonxitude. Presentan follas fondamente pinnadas, flores brancas de 25 mm de diámetro dispostas en pólas laterais opostas ás follas, que dan lugar a froitos rugosos en silicua de ata 4 mm, na que o septo é tan ancho coma o menor diámetro do froito. En Galicia aparecen, en entullos e camiños, as especies: C. didymus, orixinaria de Sudamérica, e C. squamatus. Coñécense popularmente como mestruzos.