"Corredeira" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Aparello que mide a velocidade aparente dun barco. A antiga consiste nunha peza de madeira en forma de sector circular que flota no punto onde caeu, mentres se vai soltando corda desde a embarcación en marcha, feito que permite coñecer a distancia percorrida pola embarcación nun tempo dado e, polo tanto, a velocidade. A corredeira mecánica mide mediante o movemento de rotación que toma un eixe con ás helicoidais somerxido na auga cando a embarcación está en marcha. Tamén existe a corredeira pneumática, que actúa pola presión dinámica que exerce a auga sobre o casco do barco e que é proporcional á velocidade deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, unha cabria de azul

    VER O DETALLE DO TERMO