"Costales" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
Costal.
-
Liñaxe asturiana que trae como armas, en campo de ouro, un ramallo de loureiro ao natural.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Participou no proceso de renovación da música española. En 1953 comezou a compoñer música dodecafónica, para logo evolucionar cara a un serialismo integral. É autor de Cuarteto de cuerda (1957), Módulos, We (1970), dous Conciertos para piano (1978), Sonidos de la Guerra (1980) e as óperas Kin (1981) e La madre invita a comer (1993). Tamén realizou a música de filmes como La caza (1965) e El espíritu de la colmena (1973). É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1989), recibiu a Medalla de Oro de la Academia de Bellas Artes de Madrid (1986)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico. Abandonou a medicina militar para converterse nun defensor público dos ideais republicanos. Exiliado (1866), volveu a España tras o triunfo da Revolución de 1868 e continuou a propagar o republicanismo federal, especialmente entre a comunidade campesiña. Foi un dos principais alentadores do Pacto Galaico-Asturiano (1869). Obtivo representación parlamentaria en tres lexislaturas (1872-1873) e foi ministro de Fomento (1873). Exiliado novamente por causa do golpe militar do xeneral Pavía, ao seu regreso á Coruña continuou o seu labor médico e filantrópico. Publicou Memoria sobre los hospitales militares, Reglamento de exenciones físicas e traduciu a obra de J. A. Depaul Tratado teórico y práctico de auscultación obstétrica (1859). Tamén publicou dous libros de poemas El señor Juan (1883) e Perucho (1887). Foi presidente de honra da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO