"Covadonga" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Arqueóloga. Directora do servizo de arqueoloxía do concello de Lugo. O seu eido de investigación é a romanización en Galicia, sobre todo o mundo romano lucense. Dirixiu e participou en diferentes escavacións en Lugo. Colaboradora de revistas como Lucensia ou Larouco, participou nas obras colectivas Los orígenes de la ciudad en el noroeste hispánico (1996) e Galicia castrexa e romana (1997). É autora de Marcas de alfarero sobre terra sigillata halladas en Lucus Augusti (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome que ten a súa orixe no topónimo asturiano homónimo, o santuario de Nuestra Señora de Covadonga. Etimoloxicamente, talvez proceda do latín vulgar *cova dominica ‘cova do señor’. A súa festa celébrase o 9 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Cangas de Onís (Asturias) nun val da serra de Covadonga. Está nunha cova onde, segundo a tradición, tivo lugar a Batalla de Covadonga, considerada tradicionalmente como o punto inicial da Reconquista da Península Ibérica. Paio acadou a vitoria, no 722, contra un destacamento sarraceno ás ordes de Alquama. As crónicas cristiás do s IX (a Alberdense e a de Afonso III) esaxeraron a importancia da batalla, mentres que os cronistas árabes non a mencionan. Posteriormente, concedéuselle á batalla un valor relativo, resultado dun enfrontamento entre dous grupos pouco numerosos, que, sen embargo, puido ser o estímulo para a continuación da Reconquista. A colexiata, de estilo neorrománico (1877-1901), ten planta de cruz latina con tres naves e tres ábsidas. Está cuberta con bóvedas de aresta, agás no cruceiro que ten bóveda de crucería. No exterior dúas torres flanquean un pórtico de tripla arco. Na praza da basílica hai unha estatua de Paio, obra de Gerardo Zaragoza. O acceso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional de las Montañas de Covadonga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro espazo natural declarado Parque Nacional de España. Creouse en 1918 por mandato do Rei Afonso XIII. En 1995, ao agregarse o macizo Oriental, o Central e o Occidental, pasou a denominarse Parque Nacional de los Picos de Europa.