"Covelo" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Escultor. Foi profesor na  Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra caracterízase polo emprego do granito e pola iconografía de tipos populares tratados de xeito xeometrizante pero sen afastarse do naturalismo. Entre as esculturas públicas que realizou en Vigo destaca o Busto de Carlos Gardel (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Pontevedra, situada no litoral da parroquia de Samieira (concello de Poio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia, baixo a advocación de santa Mariña, que dá nome ao concello de Covelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Lama baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Paradanta, situado na provincia de Pontevedra no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Fornelos de Montes (comarca de Vigo) e Avión (O Ribeiro), ao L cos concellos de Melón (O Ribeiro) e A Cañiza, ao S cos da Cañiza e Mondariz (O Condado), e ao O cos de Mondariz e Fornelos de Montes. Abrangue unha superficie de 125,3 km 2 cunha poboación de 3.515 h (2007), distribuídos entre as parroquias de Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado, Prado de Canda e Santiago de Covelo. A capital municipal é a vila de Covelo, situada a 42° 13’ de latitude N e 8° 22’ de lonxitude O, 30 km ao L de Vigo e 122 km ao SL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ponteareas e á diocese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O concello de Covelo encádrase baixo o dominio climático oceánico de montaña, no que se poden apreciar matices locais en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Trátase do diminutivo correspondente ao apelido galego Covo. Documéntase no s XII: “Garsias Fernandi de Cubellus” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 550), “Maria Nunez do Couello” (doc ano 1292 en Manuel Lucas Alvarez/P. P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 441). Unha variante fonética deste apelido é Cuvelo. A mesma orixe presentan as formas en plural Covelos e Cuvelos. Todos estes apelidos adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido galego Covelo. Unha variante fonética deste apelido é Cuvelos. Ambos os dous adoitan aparecer grafados cun -b- non etimolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Coñecido como O Gaiteiro do Fragoso, foi membro da Banda de Música Municipal da cidade de Vigo (desde 1946), profesor de gaita do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (1971-1983) e da Agrupación Breogán de Moaña (1987-2004). Foi o autor do método de ensino Leccións de gaita (1978), e escribiu un total de 223 composicións para este instrumento. Recibiu a Gaita de Ouro do Ateneo Ferrolán (2001) e o Premio da Crítica de Galicia no apartado musical (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO