"Cremona" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na Lombardia, Italia (71.686 h [estim 1999]). Situada na marxe esquerda do río Po, nunha fértil chaira aluvial, onde se cultivan cereais e forraxes destinados á cría de gando bovino. É un importante núcleo comercial, onde os principais produtos manufacturados son a seda, o liño e a maquinaria. Tamén destaca a fabricación de instrumentos musicais de corda; dende o s XVI estiveron alí os talleres Amati, Gurmeri e Stradivarius. No ano 218 converteuse nunha colonia da Galia Cisalpina. Durante a Idade Media estivo en poder dos godos, dos hunos e dos longobardos. No 1098, baixo o poder dos bispos, chegou a ser unha cidade libre. En 1334 foi anexionada aos Visconti e, máis tarde, aos Sforza. Do 1449 ao 1509 formou parte da República de Venecia. Posteriormente, pasou alternativamente ao poder de Francia e Austria, ata que en 1860 se incorporou ao Reino de Italia. Os principais monumentos arquitectónicos da cidade están na Piazza del Comune: a catedral de San Archelao...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Lombardia, Italia (1.771 km2; 333.146 h [1999]). A súa capital é Cremona.
-
PERSOEIRO
Matemático, enxeñeiro civil, arquitecto e político italiano. Foi catedrático de Xeometría Superior na Universidade de Boloña e director da Escola de Enxeñeiros de Roma. Promotor da xeometría pura en Italia, creou o método de cálculo gráfico que leva o seu nome. Foi senador e ministro de Instrución Pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tradutor. En Toledo estudiou o Almaxesto de Ptolomeo e traduciuno ao latín (1175). Do árabe traduciu un conxunto de obras de astronomía, astroloxía, aritmética, álxebra, xeometría, xeomancia, filosofía e medicina de al-Farġānī e de Aviceno. A súa contribución foi decisiva para a difusión da ciencia árabe e da grega, a través dos árabes, en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO